Crean en Vigo as Asembleas Abertas do Ensino Público

Para adoptar unha posición común ante os problemas no ensino

Vigo | Arredor de 250 docentes da provincia de Pontevedra, con asistencia tamén de profesorado das áreas de Santiago e Bergantiños, crearon en Vigo as Asembleas Abertas do Ensino Público durante unha xuntanza no IES República Oriental do Uruguai na que adoptaron unha posición común sobre a situación crítica que atravesa o ensino público galego.

Este novo espazo ten a súa orixe nas asembleas intercentros que se veñen celebrando desde setembro en Vigo toda vez non pretende substituír ningún sindicato. Na asemblea expuxéronse problemáticas comúns como a falta de calefacción nos centros; ratios inasumíbeis; servizos de orientación colapsados; falta de persoal de Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica e servizos sanitarios; infraestruturas degradadadas; lixo e pragas; orzamentos conxelados desde o 2017; sobrecarga burocrática e unha sensación xeral de abandono institucional.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.