A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda moderar o consumo de carne, especialmente a vermella e a procesada, debido aos posíbeis efectos negativos para a saúde. A OMS clasifica a carne procesada como canceríxena e a carne vermella como probabelmente canceríxena.
A OMS enfatiza na importancia dunha dieta rica en froitas, verduras, legumes e cereais integrais, e de reducir o consumo de grasas saturadas e azucres engadidos. Recomenda tamén o consumo de proteína vexetal (e outras). Todo isto é por saúde, por protexer a natureza (pois a carne, especialmente a vermella, contribúe á deforestación, á emisión de gases de efecto invernadoiro e obriga a un uso intensivo de recursos naturais, contaminando frecuentemente solos e acuíferos; como pasa en varias comarcas galegas.
“A OMS enfatiza na importancia dunha dieta rica en froitas, verduras, legumes e cereais integrais”
Trátase de procurarmos unha dieta máis sostíbel e máis ética, na medida do posíbel. Tamén estou en contra das macrogranxas e da gandeiría industrial, polo elevado sufrimento animal que provocan. Sei que é un tema polémico, especialmente en Galiza, onde somos produtores e moi consumidores (coido que demasiado…). Sentía que tiña que dicilo para completar o artigo anterior e xa o dixen.