Concurso de Corais Vila de Arbo 2026

Inscricións abertas ata o 10 de novembro

Arbo | O Certame de Corais Vila de Arbo, un dos eventos máis destacados da música polifónica en Galicia, prepara a súa próxima edición programada para o 22 de marzo de 2026 no Auditorio Segundo Gil Davila de Arbo. Esta iniciativa, organizada polo Concello de Arbo en colaboración coa Coral Polifónica de Arbo e a Federación Coral Galega (FECOGA), continúa consolidándose como unha plataforma que fomenta, promociona e apoia a cultura musical coral na rexión e máis aló.

O obxectivo principal do certame é incentivar a modalidade polifónica, caracterizada pola súa riqueza harmónica e a súa capacidade de unir voces en conxuntos harmónicos e expresivos. Ademais, busca promover a cultura musical na comunidade, ofrecer un espazo de participación para coros de diferentes rexións e fortalecer a comunidade musical a través da interacción entre participantes e público.

Para esta edición, o certame reforzou as bases de premios, aumentando en 500 euros a contía total destinada aos galardóns. O primeiro premio, patrocinado por Segundo Gil Davila, será de 900 euros; o segundo, cun premio de 400 euros, e o terceiro, de 300 euros. Ademais, FECOGA entregará 500 euros adicionais á mellor interpretación da obra obrigada, “Arco da Vella” de Xavier Comesaña, como estímulo para a destacada interpretación desta peza no concurso. Así mesmo, aqueles coros que participen no certame sen resultar galardoados, recibirán unha axuda económica de 200 euros como recoñecemento pola súa participación, ademais dun agasallo conmemorativo do evento. Poderán participar no certame coros procedentes da Comunidade Autónoma de Galicia, así como coros rexistrados en FECOGA, sempre que cumpran con certos requisitos.

A participación está restrinxida a agrupacións non profesionais, non pertencentes a escolas ou conservatorios de música oficiais, e que non conten con acompañamento musical á parte da capela. A inscrición debe realizarse nun prazo dun mes desde a publicación oficial das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, mediante o envío da documentación requirida a través da sede electrónica do Concello de Arbo, sendo o prazo limite de presentación ó 10 de novembro de 2025 ás 15:00h.

Entre os documentos necesarios para a inscrición inclúense o currículo da coral, fotografías, declaración xurada de non pertenza a institucións musicais profesionais, gravacións recentes con mínimo tres pezas do repertorio, partituras da obra de libre elección e un certificado bancario co número de conta do coro.

.En palabras do alcalde de Arbo, Horacio Gil, “o Certame de Corais Vila de Arbo continúa sendo un punto de encontro imprescindible para os amantes da música coral en Galicia, promovendo o talento e a paixón pola música entre as agrupacións participantes e a comunidade en xeral”. A organización mantén o seu compromiso de ofrecer un evento de alto nivel que reforce os lazos culturais e musicais na rexión.

Para obter maior información ou realizar consultas respecto a a convocatoria e requisitos, os interesados poderán consultar as bases oficiais e anexos publicados na sede electrónica do Concello de Arbo ou solicitar asesoramento a través das canles de contacto habilitados.

A participación no Certame de Corais Vila de Arbo representa unha oportunidade para que agrupacións corais expandan a súa presenza, intercambien experiencias e contribúan ao enriquecemento cultural da comunidade.
Este evento anual continúa promovendo a paixón pola música coral e o seu papel como elemento fundamental na identidade cultural de Galicia, ofrecendo un espazo no que a diversidade e calidade vocal móstranse no escenario, promovendo ademais a colaboración e o intercambio entre diferentes rexións e xeracións de músicos corais – remata informando o rexedor arbense, Horacio Gil.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.