Concello de Arbo impulsa o Plan de Melloras Viais

Cun orzamento de 38.102,90 €, financiado por AGADER

Arbo | O Concello de Arbo, continúa executando o plan de melloras de viais municipais cunha nova inversión financiada pola Xunta de Galicia. En concreto leváronse a cabo actuacións que se enmarcan dentro do programa de melloras de camiños municipais posta en marcha por este goberno dende a súa chegada a casa consistorial.

Estes traballos que contaron cun orzamento de 38.102,90 €.- e que foron financiadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), acaban de rematarse.

As obras consistiron, na roza do terreo, demolición e realización do movemento de terras necesario, escavacións e terraplenados, así como a carga e transporte do material sobrante a entulleira. Execución de muros de cachotería, realización de cunetas formigonadas nos tramos sinalados nos planos, ampliación do vial e posteriormente aglomerado en quente e pintado do eixo e colocación de barreiras de seguridade, son algunhas das obras que constan na memoria do proxecto.

Outras actuacións
Seguindo o plan de mellora do Concello de Arbo, entre outras actuacións a Xunta de Galicia, acaba de rematar as obras de acceso no lugar de Correlo na parroquia de Arbo, ascendendo o importe de 23.861,39€.- e foron contratadas e financiadas pola Xunta. Con estas obras restablecese e mellorase o sendeiro de a depuradora municipal existente no Lugar de Correlo, sitúase no medio duns terreos agrarios cuxo acceso, era difícil a pé e imposible ao paso de vehículos e esta acometendo ás obras de humanización da Rúa San Benito.

No Concello de Arbo, ademáis, estase mellorando o Camiño de Urzal en Barcela, o Camiño de Esmoriz, o entorno da Capela de San Xoan e rematarón as melloras de varios lavadoiros e fontes municipais, así como as obras no Arabo, Auditorio e Pavillón de deportes, o Palco de San Benito e o Muiño de San Xoan, entre outras.