Concello da Guarda participou na comitiva pontevedresa do Revitaliza

Con xuntanzas no País Vasco, Navarra e Cataluña

A Guarda | O concello da Guarda participou na comitiva pontevedresa do Revitaliza que viaxou a País Vasco, Navarra e Cataluña, onde se analizou a recollida de residuos Porta a Porta á hora de mellorar as cifras de selectiva e reciclaxe.

Visitáronse 10 municipios e comarcas onde se miraron as distintas variables, as vantaxes e inconvintes, así como consellos á hora de implantar este modelo de recollida selectiva e cal pode ser a que máis se adapte as circunstancias do municipio.

Hai que resaltar que o modelo de recollida de residuos Porta a Porta supón un incremento na recollida selectiva de entre o 70%, 80% e estando incluso por riba do 90% en moitos deles, o cal e algo non visto e que nos fai replantexar o sistema actual na busca dunha mellora.

Ademais do modelo de recollida Porta a Porta visitáronse varias plantas de compostaxe Comarcal que esclareceron cal é o modelo que mellor funciona e cal debería ser o camiño a seguir.

Hai que lembrar que a normativa europea ten marcados obxectivos que están vencidos, posto que en xuño de 2020 era obrigado ter preparado para reciclar o 50% dos residuos á maior parte dos concellos, dando unha moratoria ata este ano; en 2025 esixirase reciclar o 55% dos residuos, o 60% en 2030, e o 65% en 2035. Os resultados actuais en Pontevedra distan moito na realidade, xa que a media da provincia apenas chega ao 15% e Galicia está entre o 12 e o 13%.

Albergue municipal amplía a súa atención aos peregrinos
No mes de maio 1.686 peregrinos realizaron o Camiño Portugués da Costa manténdose o noso camiño no 4º posto dos camiños a Santiago.

O día 1 de xuño é a data escollida na que o albergue municipal da Guarda recupera a normalidade no seu funcionamento retirando as restricións que se mantiñan por responsabilidade ante a particularidade e sensibilidade deste servizo.

O albergue recibe peregrinos de todas as procedencias polo que se mantivo a cociña pechada e o aforo limitado ao 50% a pesar de que a Consellería de Sanidade foi aliviando progresivamente as restricións a este tipo de aloxamento. A Guarda, como vila turística, dispón doutros establecementos turístico estando a oferta de aloxamento en inverno e primavera asegurada.

A piques de comezar o verán volvese ao funcionamento normal do albergue para así acoller ao peregrinos que realicen a súa etapa de descanso na nosa vila. O albergue conta con 36 prazas distribuidoras en dúas habitacións e a cociña como espazo común. Ademais de recuperar todas as prazas dispoñibles e de abrir de novo a cociña ampliase o horario de admisión ata ás 20:30h.

Segundo os datos da Oficina do Peregrino de Santiago no mes de maio recolleron a Compostela máis de 34.000 peregrinos e 1.686 realizaron o Camiño Portugués da Costa manténdose o noso camiño no 4º posto dos camiños a Santiago.