Comezan as reformas da Igrexa de Santa María de Arbo á Capela de San Pedro

Cun importe de contrato de 202.988,56 € no marco do Plan Concellos

Arbo | O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. Unha das súas prioridades e mellorar a seguridade viaria en todas as súas estradas, executando ensanches e mellorar o trazado nos tramos mais perigosos.

Dada a amplía superficie do concello, e o gran numero de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicado, sendo necesaria proxectos de pavimentación que rexeneren completamente a rodadura en ditas estradas e que melloren a seguridade viaria coa optimización do trazado.

Coas actuacións previstas pretendese mellorar o servizo que ofrece para os usuarios o vial de acceso dende a Igrexa ata a Capela de San Pedro na parroquia de Arbo , obxecto da obra, pois é un vial utilizado, tanto por vehículos como por peóns, prevéndose a súa mellora e pavimentación, ao atoparse en mal estado. As obras previstas conta con traballos previos e escavacións: Roce do terreo, demolición dos pavimentos existentes e realización do movemento de terras necesario, coa escavación (principalmente en roca, con martelo picador), así como a carga e transporte do material sobrante a entulleira.

Executaranse muros de pedra do país, para a contención dos camiños, ou a reposición do peche das parcelas afectadas. Realizarase a recollida das augas pluviais dispoñendo unha cuneta de formigón. Executaranse tubaxes de PVC. Pozos de rexistro e arquetas. Renóvase a rede de iluminación do vial e a rede eléctrica e rede de telecomunicacións e pavimentación.

Por medio da presente intervención, ponse en valor a Capela de San Pedro e a Igrexa de Santa María de Arbo e o seu entorno próximo, xa a Granxa tratase da zona máis antiga de Arbo e pretendese conservar o patrimonio municipal, recuperar a imaxe de construcións tradicionais, e dotar de servizos adecuados ás instalacións existentes, así como mellorar a súa funcionalidade e fomentar o seu uso e mantemento, mellorando tamén a seguridade vial e facilitar o acceso ao barrio da Granxa.

O orzamento base de licitación ascende á cantidade de 202.988,56 € (IVE do 21% incluído que ascende a 35.229,42 €) e conta cunha achega da Deputación Provincial de Pontevedra, no marco do Plan Concellos 2022-2023: Liña 1: Investimentos.