Comezan as obras do camiño de Portafeito en Arbo

Grazas á Deputación de Pontevedra por importe de 79.911,68 €, IVE incluído

Arbo | O obxecto do contrato é a realización de actuacións necesarias para mellorar a pavimentación e o drenaxe lonxitudinal do camiño obxecto do proxecto co fin de facilitar o acceso aos veciños da zona.

As actuacións localízanse no camiño de Portafeito, na parroquia de Sela, no Concello de Arbo e inclúese as seguintes actuacións: no ramal 1, é a execución dunha nova capa de rodadura, tomando como base o pavimento actual, que será a base do pavimento proxectado.

Previamente realizarase unha explanación da devandita base no ramal saburras, no ramal 1 será necesario conformar a chaira realizando desmonte e perfilado de noiros, e estendendo e compactando base de saburra. Posteriormente aplicarase unha rega de adherencia ECR-2 cunha dotación de 1 kg/ m2 para posteriormente estender unha capa de mestura bituminosa en quente tipo AC 16 Surf D (antigo D-12) de 5 cm de espesor.

Así mesmo realizarase o rozado mecánico de cunetas e noiros por ambas as marxes do camiño. Nos ramais 2 e 3, executarase desmonte e terraplén, para posteriormente compactar a chaira, que quedará como pavimento final do camiño.

En todos os ramais, complementarase a actuación coa execución de canalizacións de drenaxe de pluviais, consistentes en cuneta de drenaxe lonxitudinal en terras ou en formigón, arquetas de recollida de augas e canalizacións de drenaxe transversal e de salva cunetas para acceso a leiras.Unha vez finalizados os traballos de pavimentación marcaranse os bordos de calzada con marca viaria.

“Estas melloras teñen como obxetivo mellorar a movilidade, accesibilidade e seguridade da vía pública en Portafeitos na parroquia de Sela”, manifesta o alcalde Horacio Gil. O Rexedor proseguíu informando que “ a primeira e a segunda fase fixeronse as obras de ampliación de este camiño, financiado o 100% pola Xunta de Galicia,  para favorecer a subida dos vehículos, e sobre todo no caso incendio un camión de bombeiros ou unha ambulancia”. Horacio Gil concluíu aseverando que “esta obra era moi demanda polos veciños e veciñas de Sela”.

O importe do contrato ascendería á cantidade de 79.911,68 € (IVE do 21% incluído que ascende a 13.868,97 €) Esta é a terceira Fase do camiño proxectado, a primeira e a segunda fase foron subvencionadas o 100% e contratadas pola Conselleria de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Coas actuacións previstas pretendese mellorar o servizo que ofrece para os usuarios o Vial de acceso a Eidos de Arriba – Sela , obxecto da obra, pois é un camiño utilizado, tanto por vehículos como por peóns, prevéndose a súa mellora e pavimentación, ao atoparse en mal estado.