Centenario do Tyde FC

O equipo tudense mediuse este 29 de marzo á Selección Mexicana sub19

Tui | O Tyde FC celebrou este 29 de marzo o seu centenario nun encontro coa Selección Mexicana sub19, oncena que resultou gañadora por marcador de 3-4.

O carácter institucional do evento quedou reforzado coa presenza do presidente da Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, o seu vicepresidente, Fernando Iglesias, o Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, así como ex xogadores, adestradores, directivos e colaboradores do Tyde FC que recibiron o cariño e recoñecemento do club e do público.

O Concello agasallou a ámbolos dous equipos cunha réplica do Pórtico da Catedral de Tui.

15.000€ para deportistas en competicións internacionais
O Concello de Tui apoiará un ano máis ás e aos deportistas que neste ano 2026 participen en competicións federadas de ámbito internacional. O pasado xoves publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o extracto das bases reguladoras para a concesión destas becas.

Os e as deportistas tudenses terán de prazo ata o 16 de outubro para presentar a solicitude, a través de sede electrónica do Concello de Tui.

Este ano o Concello de Tui mantén a partida de 15.000€ para estas becas. O obxectivo é facilitar a práctica deportiva e a participación nas competicións internacionais dos e das deportistas tudenses valorando a súa especial dedicación ao deporte e, á súa vez, á difusión que realizan da Cidade de Tui naqueles eventos deportivos de carácter internacional.

No ano 2025 foron nove deportistas tudenses becados, as padeeiras Lara Feijóo, Tania Fernández e Nuria Romero, os padeeiros Iván Alonso, Matías Valentín Otero, e Manuel Garrido, as remeiras Carlota González e Vera Álvarez e o remeiro Jesús González.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.