A Cañiza | Este luns comezaron a traballar os 10 empregados seleccionados a través das políticas activas de emprego da Deputación de Pontevedra, dentro do “Plan + Provincia”, liña 3 para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
O Alcalde Luis Piña mantivo este 12 de maio un encontro co persoal que integra a nova brigada para darlles a benvida e informar sobre as necesidades e os traballos que terán que desenvolver durante os 6 meses de contrato.
A contratación iniciouse coa oferta que o Concello envíou á oficina do Servizo de Emprego da Cañiza, para solicitar unha relación de candidatos para a cobertura de cada posto. No proceso de selección se valoraron tanto as circunstancias persoais dos aspirantes, como a súa experiencia laboral e formación.
O tribunal calificador estivo constituido por persoal dos Concellos de As Neves, Covelo, Crecente e Mondariz. Tamén formou parte o normalizador lingüista do Concello da Cañiza.
Todas as prazas ofertadas son a xornada completa, 7,5 horas e os salarios deste persoal están equiparados cos dos empregados do Concello con similares ocupacións. O pasado luns comezaron a traballar as 10 persoas seleccionadas para cubrir os postos de 2 mozos de recollida de lixo, 4 peóns de obras públicas e 4 conductores operadores de maquinaria de vías.
Unha convocatoria pública de emprego á que están destinados un total de 121.658,75€, subvencionados case na súa totalidade pola Liña 3 do «Plan + Provincia», tendo o Concello que aportar 2.858,76€ de recursos propios.
A selección de persoal respetou os principios de igualdade, mérito e capacidade, nun proceso que cumpre coa preceptiva publicidade da convocatoria e das Bases. Tamén estiveron garantizados os principios de transparencia, imparcialidade, profesionalidade e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección e, segundo a Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, a igualdade efectiva de mulleres e homes.