Bon Nadal 2025 e Benvido 2026.

Estamos rematando o ano 2025. Todos nos aprestamos a desexar unhas Boas Festas de Nadal e un Feliz Aninovo 2026

É unha especie de desexo colectivo que manifestamos de forma rutinaria sen decatármonos sequera do que dicimos. Facémolo porque o fai así todo o mundo. É unha costume.

Sen embargo somos conscientes de que hai moita xente que nin remata ben o 2025 nin tampouco vai encetar ben o 2026. Proxectos familiares que se volven irresolutos, enfermidades crónicas que van empeorando a vida dos seres queridos e aínda dos amigos e veciños; falta de ingresos nin esperanza de conseguilos, etc. etc. Todas esas cousas fan que moitos amigos nosos e veciños repitan ese desexo tan popular pero sen que crean nel en absoluto.

Nós, dende este noso outeiro, tamén queremos desexarlle a todos os nosos lectores e amigos unha Feliz saída e unha Boa entrada. Así o sentimos e así o manifestamos.

Pero como non só de pan vive o home, atrevémonos a poñer sobre a mesa deste artigo as cousas que nos producen desacougo; que nos preocupan e para as que non temos solucións, agás dedicarlle os nosos esforzos a convencer a quen corresponda que hai cousas que se deben mellorar. Que eses desexos de boas festas deixen de ser absolutamente un SLOGAN destes tempos de Nadal. Tampouco queremos esquecer que, como diría o refrán, despois dunha tormenta sempre escampa.

“É nese bo tempo onde queremos hoxe cargar as tintas ou, mellor, apoiarnos para non desesperar”

É nese bo tempo onde queremos hoxe cargar as tintas ou, mellor, apoiarnos para non desesperar.

Quero crer que os cidadáns se están decatando que non é tan fero o león como o pintan. Que os actuais gobernantes non teñen como misión primordial acabar co PAÍS (así con todas maiúsculas para que se entenda nos referimos ao mundo mundial) aínda que tratemos só as cousas de comer desta nosa casa.

A economía vai coma un tiro, dixo algún político –gobernante. A Facenda está recollendo máis cartos que en anos anteriores. Iso só pode significar que existen máis contribuintes a pagar impostos que ata agora non o facían. Que algúns foron chamados a capítulo para que se puxeran as pilas e cumpriran coas súas obrigas. Aos efectos que nos preocupan, danos o mesmo; o que importa é que paguen impostos os que deben facelo e non se escaqueen botando man desas triquiñuelas que lle poñen a man as normas fiscais que foron feitas para o seu beneficio.

Non é de recibo que cada ano segan crecendo os que xa son milmillonarios e sega crecendo, en sentido inverso, o número de cidadáns que non teñen para pagarse unha vivenda nin para comer cada día. Iso é o que non podemos desexar. Temos que loitar coas poucas armas que nos deixan utilizar pero con toda a contundencia que nos permite a caraxe que sentimos por ver como nos portos atracan veleiros de centos ce miles de millóns e os traballadores deses propietarios saen a rúa protestando porque lle aumenten un 5% os seus salario. Iso é indignante, Temos o deber moral de evitalo.

Claro que, fronte a esta situación, vemos como un sector importante da poboación non ergue un dedo. Xa non pedimos unha pancarta. Pola contra saen a rúa demandando que sexan metidos no cárcere os gobernantes actuais porque son son quen de ofrecer unha vivenda digna a todos os necesitados e tampouco un posto de traballo. Aquí hai un cruce de cables que resulta insoportable. En mans de quen están as vivendas que se poñen no mercado? Quen pode ofrecer postos de traballo a precios decentes? Non é precisamente o Estado; non é o Goberno de turno. Nin este nin os anteriores, agás que teñamos que entender que o que piden é un Goberno intervencionista que decida como se planifica a economía deste País? Cousa que, por outra banda, está permitido na Constitución cando no Título VII.- Artículo 128 afirma: 1/: “Toda la riqueza del País en sus distintas formas y sea cual sea su titularidad está subordinada al interés general. 2/: Se reconoce la iniciativa pública en la actividad económica. Mediante ley se podrá reservar al sector público recursos o servicios esenciales, especialmente en caso de monopolio, y asimismo acordar la intervención de empresas cuando así lo exigiere el interés general”.

Chegados a este punto non podemos sustraernos a denunciar aos Gobernos anteriores ao actual, que se presentaron como representantes dos ideais socialistas, por non ser quen de aplicar este artigo da Constitución. E máxime cando tiveron maioría parlamentaria e non tiñan que pedir axuda a ningunha forza política contraria.Curiosamente, hoxe aparecen nos medios de comunicación como portaestandartes dos mellores tempos desta España franquista. Unha vergoña.

Non quero deixar pasar unhas verbas de Santiago Carrillo cando confesou que “con esta Constitución, o Partido Comunista podería gobernar sen forzar ningún estamento”. Tiña razón Carrillo.

Hoxe asistimos a declaracións de políticos da dereita que falan de gobernos bolivarianos, comunistas e non sei cantas cousas mais. Leerían a Constitución enteira? Moito nos tememos que non, porque se o fixeron e non lles cae a cara de vergoña cando fan esas declaracións públicas e que este País está moi enfermo por dotar de poderes públicos a esta casta de políticos de salón.

Para rematar, nestas datas nas que todos recibimos un aguinaldo para o turrón lembremos canto turrón poderíamos mercar anos atrás e canto podemos mercar hoxe. Sen esquecer as importantes subidas de soldos e pagas especiais dos últimos tempos. Claro que nos gostaría foran máis sustanciosas pero se volvemos a vista atrás, e os que levamos décadas neste perro mundo podemos facelo, temos que lembrarnos dos ridículos aumentos que cada ano nos ofreceron os gobernos anteriores.

Sen embargo, podemos comprobar como cada ano que pasa os ricos seguen na súa carreira de ser cada ano máis ricos e pelexando co Goberno para pagar cada ano menos impostos.

Para rematar, atrévome a preguntarlle a esas camadas de xoves que din estar dispostos a votar VOX ou ao PP se o que buscan é ser cada vez máis ricos (os fillos dos ricos actuais seguro que o conseguen) ou se o que buscan é unha sociedade máis igualitaria como nos permite a Constitución.

Gostaríame ter algunha resposta.

A Vdes. amigos lectores, só me resta desexarlles un Feliz Nadal e un Próspero Aninovo.

Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.