BNG Redondela denuncia “insuficiencia de recursos” contra a violencia de xénero

Criticou a carencia dunha vivenda de acollemento” para as vítimas

Redondela/BNG | A concelleira nacionalista Jésica García Cruz faise eco das necesidades detectadas no servizo de atención a mulleres maltratadas do concello de Redondela, Vioxén. Non se están atendendo todas as necesidades das vítimas unha vez que inician o proceso de denuncia. Na maioría dos casos vense obrigadas a abandonar a vivenda xunto aos seus fillos e fillas sen dispor dunha alternativa en condicións.

A organización nacionalista amosa a súa preocupación pola situación na que se atopan perto de corenta mulleres que na actualidade contan co apoio dende a policía local. “Dar o difícil paso de presentar denuncia e deixar o seu fogar debe contar co respaldo institucional necesario e no noso concello non é así”, lamenta.

Afirma a concelleira do BNG que tanto a alcaldesa Digna Rivas como a concelleira de igualdade Iria Vilaboa coñecedoras desta grave situación, “non se preocuparon por buscar unha solución”. “Emprazamos ao goberno municipal a comprometerse e resolver esta grave situación que afecta a un número importante de veciñas de Redondela”, prantexa

Describe a concelleira do BNG, como algunhas mulleres cos seus fillos ou fillas menores, teñen que afrontar situacións extremas, ao ter que pasar varias noites e días fóra da casa sen apoio de ningún tipo. Todo o proceso de declaración ante o xuíz ou xuíza implica cambiar hábitos de vida dun xeito radical. En moitos casos, os pequenos e pequenas sufren igualmente a situación de desprotección.

“Redondela carece dun local ou dunha vivenda para garanta a protección”, e insta Jésica García, ao goberno municipal que na maior brevidade xestione unha vivenda para a atención en condicións dignas das mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas.

Destaca finalmente que na actualidade unha axente da policía local exerce de primeiro contacto con aquelas mulleres que queren dar o paso para denunciar ás súas parellas por violencia de xénero. Recorda a concelleira do BNG que nunha negociación co goberno de Redondela prantexaron a dotación dunha segunda policía local para o servizo Vioxén, e o non foi a resposta.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.