
Ourense | “Baba, el gato que ladraba” é unha publicación da ourensá Marta Maceda Gil con ilustración de Diana Valayo. A presentación do libro fíxose no Ximnasio Beone que ten ludoteca e realiza actividades para nenos. O primeiro libro de Marta foi “Lisa supersonrisa y Mika la quejica”. Na actualidade ten a autora bosquexos doutros libros en proxecto e tamén outros escritos que aínda non publicou.
O gato Baba sentía diferente e buscaba un lugar onde poder crecer. Atopa a amizade con distintos animais (vaca, ra, periquito, preguiceiro, pombas…). Trátase dun conto infantil dirixido aos nenos de entre tres e cinco anos, para que llo lean os pais e para que os lean eles mesmo.
Marta Maceda lembra que desde a súa infancia a súa nai linlle moitos contos e na adolescencia ocorréuselle empezar a escribir. Compaxina a escritura de libros co seu traballo nunha pizzería e as prácticas de auxiliar de enfermería.
A ilustradora Diana Valayo, pola súa banda, participou con ilustracións doutros libros infantís, e deseña cartelería e páxinas web. Na foto Marta Maceda Gil, autora do libro infantil.




