Axendas médicas de calidade…ou non!

Con gran alarde, a Consellaría de Sanidade aprobou as Axendas de Calidade para a/os Médica/os. Como sempre o que programan, nunca ten nada que ver ca realidade. Recordamos os “10 minutos por paciente”, o de non máis de 33 pacientes por día, non máis de 7 sobredemandas, unha enfermeira por cada Médico, prazas “ofertadas ilimitadas de sanitaria/os” que logo vese que non son tal e de Médica/os as menos. A realidade, co SERGAS, sempre supera a “ficción”, en materia sanitaria.

Unha axenda normal dun/ha Médica/o de AP, é sempre máis elevada do razoable. Si temos 10 min. por paciente e o multiplicamos por 40 pacientes, son 400 minutos. O horario laboral de 08:00 a 15:00, son 420 minutos. Quedarían 20 minutos para Promoción da Saúde, Prevención da Enfermidade, Investigación, Formación, Sesións Clínicas, Certificados Médicos “inútiles”, Domicilios, Atención a Comunidade, necesidades fisiolóxicas básicas, atención a xerencia por diferentes causas, fallos do ordenador de 3-4 veces o día, etc. todo ísto, é a definición do Médico Especialista de Atención Primaria e Comunitaria. Nos poñamos como nos poñamos, con atender aos pacientes e cometer os menos erros posibles, xa é unha boa praxe!

Para ilustrar este análise, dende o día 23 de febreiro do 2023, a miña axenda foi de 56, 37, 53, 46, 37, 30, 40, 49, 43, 41, 44, 30, 37, 54, 54 e 46. Podemos facer “calidade asistencial” con este número de persoas en cada día de consulta? É razoable que a administración permita esta situación e non lle poña remedio xa? O ben máis preciado que temos, a nosa saúde, non pode estar a expensas de que o/a profesional, esté saturada/o de traballo, día sí e día tamén.

Nas enquisas á poboación xeral, para dar a valoración da calidade asistencial, os/as profesionais non saímos mal parada/os, pero a pregunta do millón é: por qué nunca se pregunta por como o fan os/as administradores/as do Sistema Sanitario Público na Galiza? Estou seguro de que suspenderían cun “moi deficiente”… e si a calidade asistencial non se resinte máis, é polo bo facer dxs sanitaria/os!

“O TSXG condeou ao SERGAS por ‘vulnerar os dereitos do persoal Médico e de Pediatría”

Fai uns días, o TSXG condeou ao SERGAS por “vulnerar os dereitos do persoal Médico e de Pediatría” por “non respetar a normativa vixente para garantir a súa integridade pública e a súa saúde”…e non pasou NADA!

A situación no SERGAS é tan patética, que o aparataxe que “doou” Amancio Ortega, para a SANIDADE PÚBLICA dí Rueda que: “os van poñer na sanidade privada, por falta de espazo”. Incrible pero certo! A xerenta do SERGAS, dí que “non ten Conflito de Intereses, co seu irmá, o xerente da Asociación de Hospitais de Galicia (Ahosgal), que é con quen ten que tratar e chegar a acordos para “repartir” os cartos da Pública a privada (indicar que a Xunta de Galicia, pagou 2.000 millóns de euros en 10 anos a sanidade privada, 203 no ano 2022)

Tamén o SERGAS, déixa de convocar prazas de MIR que ten asignadas polo Ministerio e logo dí que a culpa é deste por non ofertar máis prazas MIR (ísto foi recoñecido por Comesaña no Parlamento Galego). Convoca na Galiza prazas de Médicxs, sin oposición, so por concurso, e por suposto, non convoca todalas que serían necesarias, deixando fora a futurxs Médicxs con Praza, para poder exercer o día seguinte! O de que podan exercer Médicxs en formación de cuarto curso, aparte de ser ilegal é unha irresponsabilidade! Tamén indican que pode haber Centros de Saúde sin Pediatra (neste momento 192, con 11.478 nenos/as sin Pediatra: o 18%). Por suposto, non teñen ningunha previsión para solventar o grave problema das múltiples xubilacións que se esperan (debido sobre todo ás malas condicións laborais, ós baixos salarios e a inestabilidade profesional). En fín: todo a pior, grazas a deus!

O de que “enfermeira/os podan exercer como Médica/os” (Rueda-de reposto-dixit), xa é de traca. Aparte de ser ilegal, non sei que dirán xs pacientes, cando por un problema Médico, sexan atendidxs por un/ha enfermeiro/a. Que pena!…e cando se pon a “negociar” o fai cos Colexios Médicos e cos Sindicatos de Médicxs; e que propón: darlles o pago da exclusividade e o de poder exercer na Pública e na privada: pior imposible…pero é o que temos e que debemos cambiar nas vindeiras eleccións (xa nas municipais) e tendo sempre en conta, a hora de emitir o voto: quen defende e quen non a Sanidade Pública na Galiza. Non o esquezamos!

Dr. Xosé M.ª Dios Diz, médico especialista de AP de Outes.

Dr. en Medicina. Máster en Xeriatría. Licenciado en Medicina Xeriátrica. Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.