Atención Integral nos Centros de Saúde.

“A primera riqueza é a saúde”.

Ralph W. Emerson (Boston,1803-1882. Escritor, poeta e filósofo estadounidense).

Cúmprense 45 anos dende a cumbre de Alma-Ata de 1979, onde se fixou o “obxectivo da saúde para todos no ano 2000” e se establecían os indicadores sanitarios mínimos que deben acadar os países asinantes. Por desgraza o desenvolvemento político e social foi insuficiente e non se acadaron os obxectivos propostos en moitos lugares. Neste contexto, xurdiu a necesidade de propoñer reformas no sector sanitario, recoñecendo primeiro o carácter universal do dereito á saúde de toda a poboación, garantindo despois o acceso equitativo aos servizos e, finalmente, mellorar a súa calidade. Conseguíuse o proposto en Alma-Ata? Eu creo que non, e cada día que pasa ímos a pior. Os responsables políticos que temos non aprecian o valor dunha Sanidade Pública de Calidade e os gobernos neoliberais, estan deixando a atención sanitaria á sorte de quen poda pagala.

A Atención Primaria busca o enfoque da saúde de toda a sociedade que ten como obxectivo garantir o maior nivel posible de saúde e benestar e a súa distribución equitativa mediante unha atención centrada nas necesidades das persoas (o antes posible) e ao longo da súa vida, dende a promoción da saúde e prevención de enfermidades ao tratamento, rehabilitación e coidados paliativos, e sempre…o máis cercano posible ao entorno cotián das persoas. Tamén debe icluír a atención a comunidade onde reside a persoa.

Un aspecto fundamental é desmedicalizar a AP, potenciando e priorizando as actividades nos Centros de Saúde, facendo fincapé no Traballo en Equipo. Reorientar a AP cara a un modelo comunitario e participativo, transformando as áreas de saúde en espazos para unha Atención Integral. Según a RAG: Integral: “…que inclúe todos os aspectos ou partes da cousa que se trata”, neste caso a Sáude, baseada na diagnose de problemas, necesidades e recursos relacionados co benestar: realizar Plans de Saúde a nivel local, así como potenciar as relacións dos Centros de Saúde cos Hospitais de referencia.

“Dende as Organizacións de Defensa da Sanidade Pública, Sindicatos, etc sempre dixemos que a AP debe ser unha Atención Integral”

Dende as Organizacións de Defensa da Sanidade Pública, Sindicatos, etc sempre dixemos que a AP debe ser unha Atención Integral, o que supón, contar cos profesionais necesarios para dar un servizo completo nos Centros de Saúde. Así que non chega so con Médicos e Enfermeiras, tamén debe incluír: Odontologos, PSX, Fisioterapeutas, Terapeutas Ocupacionais, Atención Temperá, Psicólos Clínicos, Logopedas, Traballadores Sociais, Farmacéuticos, Matroas…Todos estos profesionais, deben traballar en equipo e relacionados, sin trabas, cos especialistas dos Hospitais de referencia.

A disculpa dos malos gobernantes, de reclamar ao goberno central médicos e botarlle a culpa sempre a outros, é mentira. O Ministerio de Sanidad ofrece as CCAA os MIR que previamente foron pedidos polas propias CCAA…Para ter capacidade de máis médicos deben ter Unidades Docentes e os Srs. Feijóo-Rueda non as crearon, entón como se forman ós médicos se non teñen titores? Cando convocan prazas na Galiza, non se cubren todalas ofertadas, o que é indicativo da desincentivación que existe entre os profesionais, para ocupar prazas, mal pagadas, con inestabilidade e precariedade laboral. E así sucederá sempre, si non cambiamos estos xestores que xa deron probas máis que suficientes da súa incompetencia!

E temos a realidade: Rueda dixit : “non é un problema de chequeira”, “non temos médicos por culpa de Madrid”, as urxencias están saturads e nós o que ofrecemos é que teñades sentidiño e poñades a máscara”,…Pois ben, si ímos aos feitos, preguntémoslle por que os orzamentos do ano 2.024, son menores en 145 millóns de euros que os de 2.009 cando chegaron o poder (si medimos o IPC deses anos). Tivemos que pasar polos recortes salvaxes dos anos 2.014, 2.015, 2.016 e 2.017, cunha Pandemia por medio, Guerras a nivel mundial que afectaron ós orzamentos dos productos básicos… o que deixou o Sistema Sanitario Público Galego cas costuras o aire, xunto ca desmotivación in crescendo dos profesionais.

Que teñamos unha Sanidade de Calidade, vai depender do que fagamos este 18 de febreiro. A saúde non pode estar en mans de xente que xa demostrou a súa incompetencia e cunha estratexia evidente de privarización.

P.D. Nunca Máis.

Dr. Xosé Mª Dios Diz, Médico especialista de AP de Outes

Dr. en Medicina. Máster en Xeriatría. Licenciado en Medicina Xeriátrica. Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.