Asociación Érguete Baixo Miño impulsa actividades educativas no IES A Sangriña da Guarda

Sobre promoción da saúde e a prevención das condutas aditivas

A Guarda | A Asociación Érguete Baixo Miño informa que durante este mes de xaneiro e ata o 3 de febreiro se están levando a cabo actividades sobre a promoción da saúde e a prevención das condutas aditivas no alumnado do I.E.S. A Sangriña de A Guarda –Pontevedra-.

Trátase do programa denominado “Non Pasa Nada, ¿Pasa Algo?” que conta cunha ampla traxectoria de execución neste centro educativo e que está dirixido ao alumnado de 3º da ESO e aos grupos de FPB. Este taller atópase financiado pola Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias da entidade.

A finalidade do programa é a de reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou abuso de drogas, incrementando os factores de protección e promovendo a adopción de estilos de vida saudables.

Esta acción, impartida por unha Educadora Social con ampla experiencia nesta área, atópase dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete Baixo Miño ofrece de forma continua e dende hai moitos anos no ámbito escolar e que ano tras ano ten moi boa acollida tanto nos centros educativos da comarca como por parte dos mozas e mozos aos que vai dirixido.

Para máis información, invitamos ás persoas interesadas a achegarse ás instalacións de Érguete (r/Colón, 20 -Edif. O Pescador 1º piso) de A Guarda, visitar a páxina web www.erguete.org ou ben contactar nos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76 ou no correo electrónico info@erguete.org.