Asociación de Empresarios de Redondela impulsa novo Plan de Emprego

Con énfase no emprendemento e o autoemprego
A Asociación de Empresarios de Redondela anuncia a selección de 100 persoas desempregadas para participar no plan integrado para o emprego que se desenvolverá durante o ano 2022.

Redondela | A Asociación de Empresarios de Redondela anuncia a selección de 100 persoas desempregadas para participar no plan integrado para o emprego que se desenvolverá durante o ano 2022.

Entre os colectivos deste novo programa compre destacar o número de prazas para os menores de 30 anos con titulación, nun proxecto enfocado a reter e potenciar talento. Pero tamén outros colectivos como mulleres, maiores de 45, menores de 30 sen cualificación e incluso vítimas de violencia de xénero teñen cabida neste programa con reservas de prazas específicas.

O proxecto tamén contempla itinerarios de apoio ao autoemprego o que abre un importante apoio a posta en marcha de novos proxecto de emprendemento empresarial. O 60% da oferta formativa prevista estará baseada no catálogo de especialidades do servizo público de emprego estatal desenvolvida no marco do Sistema de Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral o que garante unha titulación regulada coa adquisición de competencias, contidos e especificación técnicas tamén reguladas. Ademais, grazas ao financiamento da Xunta de Galicia das persoas participantes contarán con becas de asistencia.

Este tipo de programa de acompañamento á persoas desempregadas son unha gran oportunidade para relanzarse profesionalmente e contar cun asesoramento personalizado para trazar os obxectivos profesionais.

O ámbito do programa comprende os concellos de Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Sotomaior, Vilaboa, Ponteareas e Vigo, polo que calquera persoa en situación de desemprego destes concellos pode presentar a súa solicitude para participar no programa.

As solicitudes para participar no programa poden tramitarse a través da web www.empresasredondela.gal ou nos enderezos e teléfonos habituais da entidade.
Correo: programas.emprego@empresasredondela.gal
Telf: 986404012 / 658592332 / 651568461

Principais Materias del programa
Neste programa a formación xoga un papel clave para a mellora das competencias profesionais de cada persoa usuaria, e deseñase coa intención de situar as persoas usuarias en mellores condicións de partida tanto para o acceso como para o mantemento do emprego.

As Novas tecnoloxías da información e a comunicación xogarán un papel crucial en todos procesos formativos.

O proxecto contará como punto de partida con formación prelaboral, e dicir, aquela dirixida a adquisición de competencias persoais e sociais.

Este tipo de formación será administrada como píldoras formativas de curta que terán como obxectivo o posicionamento no mercado laboral, a mellora da autoestima e a formulación dunha busca de emprego activa a través das novas tecnoloxías.

O programa comprenderá accións de: Información, orientación e asesoramento; Formación transversal en novas tecnoloxía e/ou idiomas; Coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea; Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista; Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes; Prácticas profesionais non laborais en empresas, destacando a capacidade deste programas para adaptarse ás necesidades das persoas seleccionadas e poder orientarse de forma máis eficaz a consecución dos obxectivos de inserción previstos.

Pola súa banda tamén haberá un Programa de acompañamento á empresas que comprenderá servizos tales como: realización de procesos de preselección, seguimento de persoas incorporadas, fomento e asesoramento en Responsabilidade Social Empresarial, convenios en prácticas, colaboración no deseño e implantación de accións formativas específicas para a cobertura de postos de traballo.