
Ourense | As Termas do Muíño da Veiga pecharán ao público a partir do luns, 17 de novembro, unha vez rematada a tempada 2025, e volverán abrir en primavera. Como é habitual cada ano, este espazo termal, emprazado en zona inundable na marxe dereita do río Miño non pode permanecer operativo durante o outono e o inverno a causa das frecuentes crecidas que experimenta o caudal do río, que anega acotío as zonas de baño e impide o seu uso. Durante a tempada 2025, as termas estiveron abertas desde o mes de xuño até esta semana.
As termas gratuítas da Chavaqueira tamén pecharán desde o luns até primavera.




