As socialistas rexeitan “o tarifazo” do lixo en Ourense

Sosteñen que é un servizo que o Concello non está pagando

Ourense | O grupo municipal socialista votou en contra da aprobación definitiva da ordenanza reguladora das tarifas do servizo de recollida e tratamiento de residuos. Durante o pleno extraordinario do Concello de Ourense celebrado hoxe, as socialistas expuxeron, unha vez máis, o seu rexeitamento á subida indiscriminada do recibo do lixo e da auga por un capricho do alcalde ante uns servizos que se atopan en precario e non se melloran e ningún aspecto.

A concelleira María Fernández Ojea, explicou que o problema principal da nova ordenanza é que o Concello de Ourense “non paga o servizo de recollida de lixo, mentres os veciños e veciñas terán que pagar un 45% máis por un servizo que non sabemos cantos nos custa porque o contrato está en precario”.

Jácome basea a subida nunha estimación. “Non sabemos canto nos custa porque non pagamos o recibo e lle debemos máis de 10 millóns de euros á concesionaria dende fai anos, tal e como sucede con varias concesións” afirmou María Fernández.

Mentres o alcalde lle quere seguir botando á culpa a unha lei estatal; a lei 7/2002 o que busca é que se melloren os servizos e se apliquen melloras medioambientais. Pola contra, as bonificacións aplicadas pola ordenanza aprobada hoxe -cos votos en contra de PSOE e BNG e os votos a favor de PP e Democracia Orensana- no Concello soamente benefician a 9 unidades familiares e non se sabe nin cómo se van a poder solicitar, nin cómo se van a aplicar. “Non hai máis que pasear por Ourense para ver o declive e deterioro dos servizos básicos da cidade.”

O mesmo acontece co servizo da auga, “vivimos nunha estimación”. O Concello non paga polo servizo de auga mentres lle subimos o recibo aos veciños e veciñas e supón que paguemos máis por non pagar en tempo e forma.

As socialistas demandan unha auditoría externa para aforrar custes no servizo da auga e que se fiscalice de xeito axeitado dado que o Goberno municipal presenta un procedemento para pagar a débeda a Viaqua, “tarde, mal e sen fiscalizar debidamente polo órgano de xestión ornamentaría e a intervención municipal” tal e como indica a concelleira e sinala que é un “síntoma de que o Concello non se preocupa polo interese público”.

Augas residuais
As socialistas votaron a favor da aprobación do convenio de cooperación entre o Concello de Ourense e o Concello de Barbadás para a prestación do servizo de auga e saneamento usando a EDAR de Reza. Dito convenio supón que se “salde unha débeda histórica e se regularice a situación anómala pola que Barbadás non estaba pagando pola depuración das súas augas residuais en Ourense”.

Unha situación de “inseguridade xurídica que se ven arrastrando dende fai máis de dúas décadas polo goberno do Partido Popular en ambas institucións”, tal e como apuntou a voceira socialista Natalia González.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.