As Festas do Monte Trega liquidan 109 anos de romaría e preparan a 110ª edición

Por Juan Louzán

A Guarda | Tras dous anos de pandemia parcial, dado que algúns eventos leváronse a cabo de forma íntima e persoal, sobre todo ás 21 bandas mariñeiras romperon o peito nunha pelexa conmovedora e nostálxica contra os bombos, panderetas e caixas.

Atronador ruído tanto no desfile do sábado 15 de agosto como na invasora desfeita do domingo 16. Sobre as dez da noite a baixada do monte por unhas dez mil personas causaba a impresión dun batallón militar formado con uniforme branco manchado de viño  tinto, simbolizando os bos caldos da terra mais a desbordante ledicia e agarimo por unha sociedade civil traballadora e de bos sentimentos.

Era a semana grande dos guardeses, hermanados con os camposinos, salcidenses, Tabagón, San Miguel, A Gándara e todas as parroquias e municipios dende Tui ata Caminha. O Xantar na cume do Monte Trega era unha proba de que compartir comida, bebida e gaitas e bombos tras 109 anos de vida non son unha miragre senón historia e raigame. Non é só festa e baile, é tamén cultura e deporte, feira e presentación de libros. Xadrez. Concerto musical e folclórico. Escola de bogar, paseos a toda vela no volanteiro Pioeiro.

Pero o novo e grande compromiso está para o ano que vén: a 110ª Romaría. As boas e grandes cabezas pensantes queren e buscan a maior participación cidadán posible para aportar economicamente todo o que poidan, sobre todo grandes e pequenas empresas, co fin de facer un evento único e grandioso.