As alfombras do Corpus, candidatas a Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO

Impulsada polo Ministerio de Cultura de España para o 2025

Ponteareas | O Ministerio de Cultura do Goberno de España, presentou a mediados de marzo, a candidatura de “A tradición da creación de alfombras florais e composicións rituais con materiais naturais” á Unesco na súa sede de París, para entrar na lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, que será avaliada en 2025.

É unha candidatura Internacional impulsada por varios países, Bélxica, México, Italia, Malta e España. A proposta da Xunta de Galicia as alfombras do Corpus Christi de Ponteareas, única con expediente BIC, son as que representasen a Galicia dentro desta candidatura Internacional.

A localidade de Ponteareas, no sur da provincia de Pontevedra, alcanzou especial fama pola celebración da festa de Corpus Christi, onde os veciños confeccionan artísticas alfombras de flores naturais para o paso da procesión do Santísimo Sacramento desde fai máis de douscentos anos, sendo pois a celebración máis antiga da península ibérica.

Trátase dunha obra colectiva que expresa a cultura popular das xentes de Ponteareas que, ao longo de douscentos anos, souberon conservar e promover esta celebración, recoñecida como “Festa de Interese Turístico Internacional”.

No domingo de Corpus son máis de vinte alfombras as que enchen as rúas e prazas de Ponteareas, nunha profusión de colorido, creatividade e beleza que enfeitizan a propios e visitantes. Más dun quilómetro de alfombras con miles de flores, matas e arbustos, coidadosamente esfolladas e mesturadas para obter unha auténtica obra de arte efémera.

A importancia do patrimonio cultural inmaterial non estriba na manifestación cultural en si, senón no acervo de coñecementos e técnicas que se transmiten de xeración en xeración e iso prodúcese nolos nosos Portais do Corpus. As Alfombras de Flores do Corpus Christi de Ponteareas son de seu, patrimonio cultural inmaterial que recolle prácticas e expresións vivas herdadas dos nosos antepasados e transmitidas aos nosos descendentes.

Ao redor das alfombras atopámonos cun elemento aglutinador onde se traballa na preparación do material das mesmas, pero tamén onde os máis novos aprenden, desde moi temperá idade, e onde se transmiten eses coñecementos de xeración en xeración.

Desde a Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas queren agradecer á Xunta de Galicia “por elixir ás Alfombras de flores de Ponteareas como representante de Galicia nesta candidatura internacional que promove o Ministerio de Cultura do Goberno de España”.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.