
Ponteareas | O Centro Cultural Antorcha presentará o sábado 22 de novembro ás 19 horas o último traballo do investigador Arístides Carrera co título “Cristiñade”, novas revelacións sobre os topónimos de Ponteareas.
Conducido por Gonzalo Otero, no acto intervirán Jorge Alonso, editor de Agoeiro; Anxo Porto, profesor ad honorem da USC; o autor Arístides Carrera. Tamén haberá actuación musical de Miguel Porto.




