
Arbo | No marco do FITUR 2026 en Madrid, o alcalde Horacio Gil, presentou no stand de Turismo de Galicia as iniciativas de Xeodestino Condado Paradanta Enogastronómico e a LXVI edición da Festa da Lamprea a celebrarse a finais de abril.
Destacou produtos como o requeixón, a mel, embutidos tradicionais, os callos e as carnes da serra, rosquillas artesás e os viños de Denominación de Orixe Rías Baixas. No caso da lamprea, Gil indicou que “é a alma gastronómica de Arbo”. Tamén presentou a programación Arbomostra, a feira agroindustrial e artesanal do Condado Paradanta.




