Arbo inicia a contratación para a posta en marcha do seu centro social

O Orzamento das obras ascende á de 242.623,15 €

Arbo | Na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación celebrada do día 8 de xullo de 2019, adxudicába o contrato de compravenda do inmoble sito no lugar de Chan, facendose efectiva a compra coa sinatura ante notario o 17 de xullo de 2019 para destinalo a centro social para a terceira idade.

A licitación da contratación farase a través da Plataforma de Contratación do Estado.

Dito inmoble adquírese co fin de situar no mesmo o Centro Social para a Terceira Idade e o futuro Punto de Atención Infantil (P.A.I), complementando as actuais instalacións e servizos que posúe este Municipio e destinados a este colectivo cada vez máis numeroso en concellos do rural, como Arbo.

Para o financiamento deste investimento o Concello de Arbo asínou un convenio de colaboración coa Consellería de Politica Social por importe de 200.000€.

Con data 11 de marzo de 2020 o Concello de Arbo, asina un convenio de colaboración coa Consellería de Política Social para o financiamento das obras de acondicionamento dun inmoble para Centro Social. O obxecto deste convenio é o de establecer as bases de colaboración entre as partes que o asinan para o financiamento das obras de acondicionamento do inmoble, que se destinará a actividades de promoción da autonomía persoal e/ou prevención da dependencia.

Para o financiamento do investimento obxecto deste convenio, o Consorcio comprométese a achegar ao Concello a cantidade máxima de 200.000euros durante os anos 2020 e 2021.

O goberno Arbense, pretende dotar e mellorar os servizos municipais, empregando edificacións existentes no casco urbano. Neste caso proxectase destinar a edificación a centro social.

Coas obras neste inmoble destinado a Centro Social, tense en conta a media de idade de poboación de Arbo que é moi elevada, cun número relevante de persoas maiores de 65 anos, sendo unha poboación moi envellecida. Polo tanto, unha parte importante da poboación arbense son persoas que poden ser susceptibles de precisar coidados por parte de terceiras persoas, ben de familiares ou ben externas as súas familias.

Arbo ten una necesidade imperiosa de contar cun servizo como este Centro Social. Con el daríase resposta, á demanda, que na actualidade non dispoñen dun centro destas características en Arbo. Sen saír dos límites do seu municipio. Aínda que esta xa é unha demanda real, co paso dos anos será aínda máis perentorio.

Por este motivo, e ante esta situación, este Centro Social para a Terceira Idade é imprescindible por ter como misión principal a acollida, entretemento e coidado deste colectivo – informa o alcalde do Concello Horacio Gil – as súas instalacións responderán ás necesidades dos maiores neste eido, ao tempo que disporá dos espazos recreativos e de esparcemento necesarios. Polo tanto, o proxecto ten un marco social como é o fomento da cooperación e interación entre os maiores para evitar o seu illamento, e manter as persoas maiores ben atendidas nas súas necesidades básicas co equipamento necesario, formadas e informadas das súas posibilidades no melloramento da calidade de vida – remata Horacio Gil.