Arbo duplica as bolsas escolares 2023-24

Colaborando coa Fundación "Segundo Gil Dávila"

Arbo | Unha vez máis a Fundación Segundo Gil Davila, atende as peticións do Concello de Arbo, trasladadas polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, nunha reunión mantida no mes de novembro, donde o rexedor solicitaba o aumento da contía das becas universitarias que dende hai anos estaba en 500€.- , así como o aumento do numero de alumnos/alumnas beneficiarias das mesmas.

A Fundación Benéfico-Docente Segundo Gil Dávila ten as súas orixes no veciño do Concello de Arbo Don Segundo Gil Dávila que, en doazón testamentaria altruísta e con fins benéfico-docentes, fixo efectivo o nacemento da Fundación en testamento outorgado para o efecto de bens e outros da súa propiedade e que leva o seu nome- informa o alcalde Horacio Gil.

O Pleno municipal na sesión ordinaria e presencial celebrada o día 15.12.2023, aprobou por unanimidade dos presentes, a proposta da alcaldía de data 11.12.2023 do convenio de colaboración asinado entre a Fundación Segudo Gil Davila e o alcalde para aumentar a contía das becas universitarias de 500€.- a 1000€.- e aumentando tamén o número de beneficiarios que de 10 pasan a 12.

A Fundación Segundo Gil Davila, leva atendido as petición trasladadas polo goberno arbense, nos últimos anos – manifesta o rexedor Horacio Gil- Dende o Concello de Arbo e en nome dos veciños e veciñas, queremos agradecer a colaboración mostrada sempre por esta entidade a favor dos intereses xerais das asociacións e a veciñanza arbense – remata o rexedor.

Así coa aprobación do novo convenio e as bases reguladoras, os/as solicitantes das becas Fundación Gil Dávila para o curso 2023-2024 que cumpran cos requisitos esixidos nas bases recibirán unha achega de 1000,00€.- para axudar a sufragar os gastos derivados da ensinanza universitaria.

A Fundación Benéfico-Docente Segundo Gil Dávila, atendendo as peticións do Concello, ademáis de contribuír con estas achegas a universitarios, tamén colabora coa “Banda de Música de Arbo” cunha achega anual de de 6.000,00 €.- e coa “Coral Polifónica de Arbo” cunha achega de 1.800,00 €.- anuais, ademáis dunha achega de 2500,00€.- para axudar a sufragar os gastos da compra de novos traxes para os/as músicos/as da Banda de Música de Arbo.