Arbo celebra o “Xantar da Lamprea”

Terá lugar o sábado 25 de abril no Restaurante Os Pirus

Arbo | Arbo prepárase para vivir os días grandes da súa LXVI Festa da Lamprea, que se celebrará os días 24, 25 e 26 de abril. Dentro da ampla programación institucional e festiva, o Concello destaca unha das citas máis agardadas polos amantes da boa mesa: o Xantar da Lamprea, que terá lugar o sábado 25 de abril no prestixioso Restaurante Os Pirus.

A lamprea non é só un manxar; é un ser que sobreviviu a cinco extinciones masivas e que nadaba nos nosos cauces antes que os dinosauros. Para Arbo, este peixe é o orgullo e a seña de identidade que define ao municipio ante o mundo.

“Arbo é, por dereito propio, a Capital Mundial da Lamprea”, afirma o alcalde, Horacio Gil. “Os nosos cociñeiros e cociñeiras transmitiron de xeración en xeración, con celo e orgullo, as receitas tradicionais que hoxe nos converten nun referente internacional”.

O menú deseñado para esta edición é unha exaltación do produto local e da tradición culinaria da zona:
• Entrante: Empanada de lamprea do Miño.
• Primeiro prato: Lamprea seca afumada con fideos e tirabeques.
• Prato estrela: Lamprea do Miño ao estilo Arbo con arroz e picatostes.
• Carnes: Cabrito de San Fins e espaldilla de tenreira galega ao forno con guarnición.
• Sobremesa: Leite frito.
• Adega: Augas, refrescos, viños Condado e Albariños da D.O. Rías Baixas, café e licores galegos.

O prezo por comensal é de 85 € e os interesados teñen como data límite de reserva o 20 de abril. Máis alá da gastronomía, Arbo ofrécese como un destino de experiencias onde as pesqueiras romanas conviven co sendeirismo moderno e a paz das súas paisaxes se mestura coa adrenalina do río.

“Arbo é máis que un destino; é unha declaración de estilo de vida”, sinala o rexedor, quen aproveita para facer un chamamento a todos os veciños e visitantes: “Vendan a descubrir por que Arbo é un espazo único no mundo. Están todos invitados á súa casa”.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.