Arbo celebra o seu X Certame de Corais

Este domingo 15 de xuño no Centro Multiusos

Arbo | O Concello de Arbo no seu interese por apoiar a cultura musical polifónica coral, organiza o Certame de corais “Vila de Arbo”, coa colaboración da Coral Polifonica de Arbo e FECOFA, o vindeiro 15 de xuño na sala de concertos do Auditorio Segundo Gil Davila de Arbo a partires das 18:00horas.

Desde a súa posta en marcha, este gran evento non deixa de enriquecerse a través das múltiples solicitudes das agrupacións masas corais para acceder a unha praza neste tan solicitado concurso. Este evento celebrado en Arbo, que é famosa pola súa acollida e hospitalidade.

Recibirá o domingo catro agrupacións corais: a Coral Polifónica Ars Cantorum, o Coro Xuvenil de Lugo, a Asociación Cultural Coro Gaos e a Asociación Cultural Antiqvorum provenientes de diversas cidades de Galicia participen neste certame. Estes coros serán avaliados por cinco personalidades experimentadas no mundo musical , resultado que se dá a coñecer o final do evento. Este gran evento non só é unha riqueza musical para Galicia, tamén o é para o noso concello, polo intercambio de pobos, culturas, tradicións e impresións cultural sobre ao evento. No día da súa celebración, a nosa vila acolle centros de persoas que veñen xa, en horarios matinais para degustar os nosos produtos gastronómicos e visitar os nosos bens amantes monumentos como son muíños, carreiros, pontes romanas é o noso ben pai Miño que acariña coas súas augas noso tan prezado tesouro como son as pesqueiras de orixe romana onde se captura a nosa Raíña A Lamprea – informa o alcalde Horacio Gil.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.