Arbo aprobou os Orzamentos 2022

Cun importe total de 4.443.088,39 €

Arbo | O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 29.07.2022, aprobou inicialmente o ORZAMENTO XERAL para o exercicio económico 2022 por seis (6) votos a favor, do grupo municipal do PP, e cunha (1) abstención do concelleiro do grupo municipal de AGRELAR.

Este orzamento conta cun importe total de 4.443.088,39 €, que pon en marcha un ambicioso plan de investimentos para dotar de máis servizos ao municipio e máis equipamento as parroquias e garantir os mellores servizos públicos.

Tamén ten estipulado manter as instalacións, pensados para atender as persoas e as súas demandas, sen subir impostos e impulsar o crecemento estable e incrementar o crecemento económico.

O orzamento 2022 tamén prevé a concesión de subvencións económicas as asociación e colectivos arbenses por un importe de máis de 60.000€. Como novidade contémplase unha subvención por importe de 1.200,00 € para a Asociación protectora de animais “Os Biosbardos”.