
Ourense | “Ao bordo do bordo” é a última publicación de Anxos do Souto, licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. A autora do libro de poemas naceu na rúa Burgas de Ourense e presentou a publicación no Liceo da cidade. Avelino Jácome, editor da obra dixo da escritora que “escribe desde a fonda poesía que vai directamente ao corazón situándose entre o abismo e a esperanza”. “É un poemario que fala desde dentro e a autora amosase espléndida na súa voz”, comentou o editor.
[publí1]Na portada do volume aparece “O espantallo” obra tamén de Anxos do Souto quen opina da súa obra que “recolle temas incubados non meu interior. Harmonías e disonancias da miña alma”. A que fora funcionaria pública en diversas cidades de España, colabora actualmente coa revista “Nós a xente do redor”. A primeiro libro de poemas da poeta foi “Ángeles rotos/Anxos crebados”. Na foto Anxos do Souto asinando libros o día da presentación.
[publí2]



