Alimento para o gando da Comarca de Trives

A Asociación provincial de Gandeiros fará o transporte

Ourense | A Asociación de Gandeiros da Provincia de Ourense colabora coa achega de alimento para o gando, despois de que os recentes incendios na comarca trivesa arrasasen as reservas que debían servir para todo o ano. O Concello de Trives encargarase de facilitar o transporte deste alimento, co obxectivo de que chegue o antes posible a quen máis o precisa.

Dada a urxencia da situación, rógase a todos os gandeiros afectados que se poñan en contacto no teléfono 655 195 487 para coordinar a entrega.

Así mesmo, o Concello convocará nos vindeiros días unha reunión cos gandeiros para tratar esta situación, así como outras derivadas da perda de animais ou dos danos ocasionados e para o que estableceremos un plan conxunto de coordinación e recuperación.

“Convocaremos distintas reunións por sectores afectados (viticultura, mel…etc) próximamente”, indican desde o Concello. Engaden que “entre todos e todas trataremos de axudar a repoñer o perdido nestes duros momentos”.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.