Agosto de Lamprea Seca en Arbo

Aberta a convocatoria para solicitar os postos de venda

 

Arbo | No mes de agosto, Arbo convertese novamente na Capital Mundial da Lamprea, e con tal motivo o Concello de Arbo, acaba publicar as bases de participación dirixidas aos profesionais que así o desexen poidan participar na Feira de Artesanía, Antigüidade e Producto da Zona da XXX Festa da Lamprea” que terá lugar na Carballeira de Turbela os días 8, 9 e 10 de agosto de 2025.

O prazo para presentar as solicitudes para colocación de postos estará aberto ata o 25 de xullo.Todas as persoas interesadas en obter autorización para a instalación dos postos de venda, deberán cubrir a solicitude que pode descargarse da páxina web www.festadalamprea.gal, recoller nas oficinas municipais ou na sede electrónica do Concello de Arbo, e presentala no Concello ou enviala xunto coa copia do DNI o correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com

O modelo de Inscrición será facilitado polo Concello e deberán especificar na mesma, como condición indispensable para adxudicar os espazos, o tipo de produto a expoñer e vender, o nome da asociación, cooperativa, ONG…, así como os metros cadrados necesarios para a colocación do posto, nome comercial e representante. Só se poderá presentar unha solicitude por establecemento e/ou persoa nos prazos previstos. A instalación do posto ten carácter gratuito.

O Concello de Arbo deseñará a configuración dos espazos onde poderán situarse por tipo de postos: espazos infantís, casetas, comestibles, novidades, etc. atendendo á estrutura actual da zona habilitada para iso, e resérvase o dereito de rexeitar aquelas instalacións que incumpran a normativa reguladora da actividade, que polo seu tamaño, repetición da instalación ou outras consideracións non se consideren aptas , ou que non se axusten ao deseño da mesma. Os espazos serán asignados por orden de chegada.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.