AECT do Río Minho aproba o seu orzamento para 2026

Calculado en máis de 713.000€, un 24% superior ao 2025

Pontevedra | A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) do Río Minho aprobou o Plano de Actividades e o Orzamento para 2026, cun valor total de 713.550 euros. Unha cifra que representa un aumento do 24% fronte a este ano.

Para José Manuel Vaz Carpinteira, director do AECT, a aprobación do plano confirma a determinación en “continuar a traballar de forma conxunta, estratéxica e próxima dos territorios”. O responsable subliña que se trata dun documento que “reforza a cooperación transfronteiriza, valoriza os proxectos en curso e prepara o futuro con ambición, sempre co obxectivo de servir mellor as poboacións do Miño transfronteirizo”.

En 2026, a agrupación prevé afondar o traballo cos 26 municipios, apoiar proxectos estratéxicos e dar continuidade ao Pacto do Río Minho, que representa unha visión común para a xestión compartida deste territorio.

O documento destaca tamén a conclusión das Axendas Urbanas Transfronteirizas, o reforzo do Observatorio do Territorio e a necesidade de colocar temas como o 112 Transfronteirizo e a gobernación conxunta do río Miño na axenda dos dous Estados.

No sector do turismo, o AECT prepara a conclusión do Visit Río Miño Plus, que reforza a promoción conxunta, dinamiza a oferta náutica e integra o congreso internacional de turismo nunha iniciativa académica en parceria co CITUR, a Universidade de Vigo e o IPVC. O novo website e a estratexia de comunicación asociados ao proxecto representan un adianto na consolidación da marca Río Miño e na creación dunha axenda cultural transfronteiriza accesible nunha única canle dixital.

Ao nivel das infraestruturas, o AECT mantén o compromiso de avanzar co proxecto de execución da ponte peatonal As Neves–Monção e co inicio do proceso de travessia Friestas–Caldelas, reforzando a mobilidade suave e a conexión entre marxes ao longo do treito internacional.

A reunión permitiu tamén avanzar nacreación da comisión de traballo do Pacto Río Minho, que será composta por seis municipios, tres de cada marxe do río, nomeadamente Salvaterra, Tui e O Rosal, no lado galego, e Melgaço, Valença e Camiña, no lado portugués.

A nova comisión pretende unir esforzos dos dous lados da fronteira para defender o río, propor solucións, presionar aos gobernos e mobilizar acción pública para afrontar problemas como o asesoramento, a perda de biodiversidade, a seguranza na navegación e a degradación dos ecosistemas. O obxectivo pasa por garantir un futuro sustentable para o río Miño e para as comunidades que del dependen.

“O Pacto do Río Miño representa a nosa determinación en colocar o río no centro das prioridades políticas dos dous Estados. Non é só unha declaración de intencións: é un chamamento firme á acción, á responsabilidade e á cooperación efectiva para que o Miño volva a ser un río vivo, navegable e ambientalmente equilibrado, capaz de servir ás comunidades que del dependen”, afirma José Manuel Vaz Carpinteira.

Entre os desafíos previstos para 2026, o AECT destaca as candidaturas actualmente en fase de aprobación, entre as cales o ECOFRONT_MIÑO, que prepara o territorio para a futura Reserva da Biosfera, e o proxecto Ribeiras Vivas, cun investimento superior a tres millóns de euros e considerado esencial para consolidar o Anel Verde.

A agrupación agarda aínda a aprobación da candidatura a Cross-Border Coordination Point (CBCP), no ámbito da iniciativa europea BRIDGEforEU, a través da cal poderá asumirse como o primeiro punto CBCP na fronteira luso-española, con financiamento dedicado á identificación e encamiñamento de obstáculos que afectan diariamente os cidadáns transfronteirizos.

Na mesma reunión, realizada este martes en Monção, tomaron posesión os novos representantes da Comunidade Intermunicipal do Alto Miño, conforme previsto nos Estatutos do AECT. Asumiron funcións os presidentes dos dez concellos do Alto Miño, con excepción de Valença e Vila Nova de Cerveira, cuxos alcaldes xa integran o Consello Coordinador.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.