ACiP: “O Consello de Contas dalle un ‘tirón de orellas’ ao Concello”

Por sobrepasar as contratacións a dedo

Ponteareas/ACiP | Consello de Contas realizou un informe especial, publicado os pasados días, onde pon o foco en Cangas, Ponteareas, Mugardos, Culleredo e Xunqueira de Ambía.

O bipartito dándolle unha reinterpretación a este análisis, emitiu un comunicado no que mostraba a súa satisfacción por asignar 618 contratos menores entre 2018 e 2020. Ademais o goberno loábase de achegar a documentación, cando é unha obrigación anual dos entes públicos.

A nosa estupefacción foi máxima ante este feito, xa que o Consello de Contas o que fai é mostrar a súa preocupación polo elevado índice de contratos asignados a dedo, con reiteración a moitas das empresas, que nin tan sequera son do municipio.

Como sinala o propio informe “En relación a la comunicación de irregularidades en la contratación de servicios municipales, se comprobó que en el ejercicio 2019 existen contratos menores de servicios de mantenimiento, de redacción de proyectos, de elaboración de pliegos de cláusulas administrativas, de suministros o de limpieza, que por su objeto tienen carácter recurrente y se van a repetir en años sucesivos. También se constató que 9 de las empresas adjudicatarias de contratos menores analizadas superaron en el ejercicio 2019 los límites establecidos por el artículo 118 de la Ley de contratos del sector público”.

Este mesmo informe engade que existe un grave problema de transparencia, xa que “los contratos menores no se publican en la plataforma de contratación del sector público, pero sí en el portal de transparencia” pero aínda nese caso “solo se identifican con carácter general por el número del Decreto de la Alcaldía, sin que exista ningún tipo de filtro por el que es casi imposible hacer una consulta sobre los contratos más recientes”. Provocando que só se presenten as empresas que o equipo de goberno lle interesa, xa que o resto non teñen constancia deste feito, escapando de todo tipo de transparencia.

Por último o Consello de Contas establece que “existen contratos menores, tales como los de servicios de mantenimiento, de redacción de proyectos, de elaboración de pliegos de cláusulas administrativas, de suministros o de limpieza, que por su objeto tienen carácter recurrente y se van a repetir en años sucesivos” co cal “no se cumple con las obligaciones establecidas por el artículo 218.3 del Real decreto legislativo 2/2004, de 5 de marzo por el que se aprueba el texto refundido de la Ley reguladora de las haciendas locales”.

Como indica o candidato de ACiP para o próximo 28 de maio, Juan Carlos G. Carrera, o Consello de Contas «ben a avisarlles que non o están realizando de forma correcta, pero o goberno, que vive nunha realidade paralela a sociedade, sae todo contento a falar de incidencias leves». Como enfeitiza, «cando ACiP dirixa o goberno erradicaremos este abuso, permitindo ás empresas presentarse en igualdade de condicións e baixo criterios técnicos de decisión».

Para Alternativa Ciudadana de Ponteareas, non existe nada positivo neste informe do que o Concello poida mostrar a súa satisfacción, todo o contrario, xa que se trata dun «tirón de orellas» a facenda local. Moito tememos que cando se realice o análise das contas de 2021 e 2022, todavía será peor, xa que a xestión económica do Concello só se pode calificar de despropósito, alcanzando unha débeda de 15 millóns de euros.