ACiP denuncia que o Concello de Ponteareas cobrou ilegalmente 90.000€ en imposto de plusvalías

Informou Juan Carlos González Carrera, voceiro de Alternativa Cidadá de Ponteareas (ACiP)

Ponteareas | O informe do ORAL é demoledor recoñecendo que entre os anos 2018 e 2019 cobrouse a veciños un imposto que non tiñan que haber pago, case 90.000€, mentres o goberno BNG-PSOE miraba para outro lado.

Ante as reclamacións feitas por ACiP ao gobernó non lle quedou outra opción , que entregar o documento onde o Oral cuantifica o cobro ilegal a os vecinos en preta de 90.000 euros.

É inxusto querer cobrar un imposto baseado nas transmisións de propiedades de país a fillos cando traballaron con gran esforzo toda a súa vida para que os seus fillos tiveran una vida máis axeitada, xeracións olvidadas para o BNG-PSOE a hora de recadar impostos ilegalmente.

É importante lembrar, di o Portavoz de ACiP Juan Carlos González Carrera, que no 17 de novembro do ano 2017 no pleno modificouse a ordenanza fiscal de Plusvalías, mellor chamada imposto de sucesións, para non cobrar aos veciños cando deixan aos seus fillos vivenda e propiedades, pois era algo máis que inxusto.

Dita ordenanza modificouse a proposta de ACiP, e co apoio dos demais grupos. O curioso é que o goberno local escondeuna no caixón, e non a publicou para que non entrase en vigor. Despois de varias denuncias do noso grupo durante estes dous anos, tras a presentación de mocións ao pleno publicouse o 15 de outubro de 2019, provocando graves consecuencias a moitos veciños que se viron afectados, recibindo notificación de liquidacións que en casos foron superiores a 6.000€, tendo que pedir préstamos para poder facer fronte a devandito imposto, e ente outros, houbo casos que sufriron o embargo das súas contas bancarias por algo que non debería suceder, pola incompetencia e falta de humanidade en moitos casos do goberno local.

Devandito atraso provocou a cobranza irregular de case 90.000 euros a varias ducias de veciños que se viron obrigados ao pago dun imposto que nos lles pertencía. Volvemos a preguntar pleno tras pleno ao Alcalde para que se dese unha solución a esta cobranza ilegal e devólvese o cobrado ilegalmente.

Lamentamos dita situación e esiximos a devolución inmediata das cantidades cobradas ilegalmente coa suma dos seus intereses correspondentes, e presentaremos unha nova moción a este pleno para que o goberno local de explicacións e prazos de devolución.

Advertimos ao goberno local que se non nos dan unha solución a esta situación que non tiña que ocorrer, e restitúe a legalidade, acudiremos aos xulgados en defensa duns dereitos vulnerados aos veciños, reclamando responsabilidade patrimonial contra os integrantes do goberno por obviar uns feitos que non tiñan que ocorrer.