Abstención do BNG Salceda nos Orzamentos 2026

Piden un “mellor estudo” das contas

Salceda de Caselas | Durante o pleno municipal celebrado o 29 de xaneiro, o BNG de Salceda adoptou a súa abstención na votación para a aprobación inicial dos Orzamentos 2026, considerando a necesidade dun “mellor estudo” dos mesmos e criticando a “apurada tramitación” e a “presa repentina” por parte do goberno municipal, o que “facía imposible unha visión global a respecto do orzamentos para o Municipio”.

Indicaron os nacionalistas salcedenses que a Alcaldesa Loli Castiñeira xa tiña constancia con anterioridade desta abstención do BNG, o cal impedía a aprobación por maioría destes orzamentos. Así, o BNG sinalou que non van dar “carta branca” para aprobar baixo o criterio do goberno municipal.

Entre as razóns desta abstención destacan que aínda quedan “cargas de 2025” en materia de “facturas pendentes de pago que suman 1.700.000€” así amosaron a súa contrariedade ante partidas orzamentarias como Festexos, Atencións Protocolarias e Representativas, Publicidade e Propaganda, que alcanzan 202.843,35€, así como Gastos Diversos e Outros Gastos, que suman 158.528,67€.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.