Aberto o prazo de preinscrición nos cursos de lingua galega preparatorios para as probas do Celga

Ata o 19 de xaneiro no Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Mos
Dende a Área de Emprego e Formación do Concello de Mos, e co obxecto de facilitar á poboación do Concello de Mos a súa cualificación e mellora da súa empregabilidade, o Concelleiro de Emprego, economía e Facenda, Oscar Soto Abadín, anuncia a apertura de prazo de preinscrición para a participación nos cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos nivéis Celga 1, Celga 2, Celga 3, e Celga 4, que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística, con carácter voluntario e gratuito.
Os cursos terán unha duración de 70 horas lectivas, distribuídas en sesións de dúas horas ou de dúas horas e media cada día.
Os Celga serven para certificar un coñecemento de galego a efectos de requisitos ou méritos laborais e académicos. Os certificados obtéñense mediante un exame que deberá ser superado e que terá lugar en dúas convocatorias anuais. Esta proba será de carácter obrigatorio e avaliada por un tribunal; a asistencia aos cursos preparatorios non dá dereito a obter un certificado.
Os exames dos distintos nivéis do Celga efectuaránse en xuño deste ano; e o prazo de inscrición nas probas rematará o día 3 de abril de 2012, e é independente da inscrición.
Para facilitar a participación do maior número posible de persoas interesadas dase un prazo de preinscrición aos cursos ata o 19 de xaneiro. Para elo, as persoas interesadas deben achegarse ao Centro de Desenvolvemento Local do Concello (CDL) para efectuar a súa preinscrición, acompañando copia do DNI e do título de lingua galega que posúan para identificar así o nivel de Celga ao que poden incorporarse.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!