A Xunta repara a drenaxe da estrada OU-540 no Concello de Lobios

Mantense o tráfico coa correspondente sinalización de advertencia de obras

Lobios | A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste preto de 48.000 euros dunha obra de drenaxe transversal (ODT) existente na estrada autonómica OU-540, no punto quilométrico 68+950, pois actualmente a ODT é un tubo metálico formado de aceiro. Nas inspeccións que se veñen realizando, constatouse deteriorado pola corrosión da problemas de filtración de auga en momentos de avenida que poden acabar prexudicando á calzada.

Para reparar a obra buscouse unha solución eficaz e novidosa á vez que causase as menores afeccións á estrada. Así, repararase mediante encamisado con manga continua autoportante, sen necesidade de apertura de gabia na calzada nin cortes de tráfico.

Con este método créase unha tubaxe nova no interior da existente, sen xuntas, mediante a introdución dunha manga continua composta de fibra vidro con protección exterior de poliéster reforzado.

A nova tubaxe adaptarase completamente á forma da tubaxe existente. Con anterioridade á introdución da manga realizáronse os traballos previos necesarios para ter unha boa superficie soporte, incluíndo a limpeza e desatasco de residuos do interior do tubo, a inspección do colector mediante equipo robotizado e o acondicionamento da nova superficie de apoio da manga.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a realizar unha senda na estrada OU-312 xunto o Río Caldo, preto do núcleo de Bubaces, entre os Pq 6+540 a 6+900, cun investimento de 48.345.11 euros, estando previsto rematala este mes de xuño.

O obxectivo desta actuación e mellorar a seguridade vial creando un itinerario peonil seguro xa que o arcén era escaso ou inexistente nalgún tramo. A senda será de formigón armado e coloreado e tamén melloraremos a drenaxe lonxitudinal da estrada mediante un colector cos seus sumidoiros e reixas correspondentes.