A Xunta de Galicia rematou a limpeza da Ponte Vella de Ourense

Os traballos consistiron na retirada manual da vexetación nos paramentos e xuntas

Ourense | A Xunta de Galicia concluíu os traballos de limpeza de vexetación na Ponte Vella de Ourense. En concreto, leváronse a cabo actuacións de mantemento nos paramentos e tallamares da ponte, que incluíron a retirada manual da vexetación e maleza nos paramentos de cantería, así como da limpeza das xuntas coa eliminación da terra e raíces.

Os traballos realizáronse de xeito vertical e sen realizar perforacións, con ferramentas e medios manuais e sen afeccións á ponte nin ao río Miño.

Estas intervencións complementarán ás de mellora que se veñen de executar na súa contorna, como a nova escaleira conformada de baixada ao paseo do Miño no lado norte.

Os traballos súmanse tamén á pavimentación do entronque da ponte coa avenida das Caldas, cuxas obras de humanización están xa rematadas, e ás actuacións de posta en valor e mellora da iluminación executadas nos anos anteriores na ponte e na zona da capela dos Remedios.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.