A Reconquista de Vigo quere ser de Interese Turístico Internacional

O pleno municipal aprobou unha moción presentada polo PP

Vigo | O pleno municipal de Vigo aprobou a moción do PP para impulsar o recoñecemento da Reconquista de Vigo como Festa de Interese Turístico Internacional. A aprobación contou coa abstención do PSOE e do BNG.

A voceira do PP vigués, Luisa Sánchez, sostivo que o rigor histórico da celebración, a súa capacidade de mobilización de visitantes e o seu impacto económico avalan a candidatura, que axudaría ademais a desestacionalizar o turismo. Esta festa, organizada pola Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello, leva tres décadas realizándose aproximadamente sobre o 28 de marzo, rememorando a rebelión popular que en 1809 permitiu a expulsión dos invasores franceses.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.