A rapazada do CEIP O Pombal de Vigo abre o camiño para a “Primavera das Letras”

O acto organizado pola Real Academia Galega en homenaxe a Begoña Caamaño

Vigo | O alumnado do CEIP O Pombal de Vigo actuou na presentación da última edición de Primavera das Letras, o proxecto da Real Academia Galega para a rapazada, que este ano ten como propósito achegar o público máis novo a Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014), a figura literaria homenaxeada co Día das Letras Galegas 2026.

No acto de presentación estiveron presentes o presidenta da RAG, Henrique Monteagudo; Fina Casalderrey, coordinadora deste proxecto que se desenvolve desde 2016 co apoio da Deputación da Coruña; o CEIP O Pombal, Daniel García; e Beatriz Caamaño, en nome da familia da homenaxeada, entre outras personalidades.

Pero os grandes protagonistas da festa da Primavera das Letras foron os nenos e nenas encargados de levar á escena unha representación inspirada nos primeiros compases de Uuu-uuu, BEGOÑA! (Teatro para a infancia cun LANZAMENTO, tres LANCES e un DESENLANCE)

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.