A porriñesa Noelia Mouriño, campiona europea de baloncesto sub-18

Ao vencer a Finlandia na final disputada en La Palma

O Porriño | A porriñesa Noelia Mouriño, de posición ala-pivot no clube catalán Siglo XXI, proclamouse con España campiona de Europa sub-18 no torneo disputado en La Palma ao derrotar na final á selección de Finlandia por marcador de 81-72.

A porriñesa, que a vindeira tempada xogará no baloncesto universitario de EEUU co equipo de San Francisco, disputou once minutos da final nos que anotou tres puntos e capturou tres rebotes. A actuación española neste Euro-Basket 2025 foi impecable: sete vitorias consecutivas derrotando a rivais de entidade como Grecia, Serbia e Francia.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.