A planta de chips fotónicos SPARC coloca a Vigo na vangarda industrial europea

Foi inaugurado no Parque Tecnolóxico e Loxístico

Vigo | Cun simbólico acto de colocación da primeira pedra, o Parque Tecnolóxico e Loxístico (PTL) inaugurou este 30 de xaneiro a planta de chips fotónicos de SPARC que situará a Vigo na vangarda industrial a nivel de Estado e de Europa. Este proxecto estratéxico no que participa a Zona Franca de Vigo contribuirá coa soberanía tecnolóxica e industrial de España e de Europa.

No acto de inauguración participaron o ministro para a Transformación Dixital do Goberno de España, Oscar López; o Alcalde de Vigo, Abel Caballero; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a senadora e primeira tenente de Alcalde Carmela Silva, e o delegado do Estado da Zona Franca, David Regades, entre outras autoridades.

Esta planta de semiconductores fotónicos de Vigo será unha fábrica de última xeración, doutada de enerxías alternativas e tecnoloxía punteira. SPARC é un proxecto estratéxico e singular a nivel europeo polo desenvolvemento e a transferencia tecnolóxica que achegará a Vigo innovación, valor engadido e revolución tecnolóxica.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.