A Patria na carteira.

Hoxe voulles  trasladar  unhas reflexións sobre a primeira parte do contido dun libro que estou lendo. Titúlase “LA PATRIA EN LA CARTERA”; o autor é Joaquim Bosch,  xuiz de 1ª Instancia. O autor ofrécenos un montón de capítulos dedicados á corrupción pero hoxe imos falar só do que nos ofrece na introdución do libro. En reflexións posteriores iremos falando dos diversos capítulos. Todos son sumamente interesantes. Comecemos, logo, por adentrarmonos nas entrañas deste apaixoante  libro.

“Cuando el pasado se resiste a pasar”, este é o titulo da Introducción; un País agredido polas prácticas corruptas.

Adentrémonos nas tripas desta publicación para que nos ilustre sobre este estudio feito sobre a corrupción e, sobre todo, sobre a corrupción deste noso País, aínda que nesta ocasión o momento non nos permita máis que meter a puntiña, xa nos meteremos a fondo máis adiante.

A corrupción, en boca deste autor, acostumamos a considerala como unha das nosas peculariedades. Algo así sería impensable noutros países europeos, máis identificados pola puntualidade, a excelencia organizativa ou a precisión na fabricación de reloxes. Sen embargo, en España, temos asumido con naturalidade atávica que as conductas indecentes forman parte da nosa paisaxe institucional. Pasaron os anos, as lexislaturas e os distintos sistemas políticos pero esta vergoñenta patoloxía permanece, parece que non vaia a limparse nunca a mugre dos nosos establos mais zuxos.

Hai quen opina que somos un país corrupto por naturaleza e que as solucións son imposibles, igual que unha persoa pode padecer unha diabetes incurable. Outros afirman que non hai tanta corrupción como se di. As críticas presentan diversidade de enfoques, pero as alusións sociais ás prácticas corruptas son contínuas, desde humor, ao estoicismo, a indignación e o autoodio.

“Hai quen opina que somos un país corrupto por naturaleza e que as solucións son imposibles”

Con frecuencia repítese o tópico de que o carácter español é propenso á corrupción, que se mostraría en fenómenos como na novela  picaresca dos séculos XVI e XVII. Seguro que hai comportamentos desprezables que agora seguen existindo: estamos tan saturados de corrupción que os informes policiais, as sentencias sobre o tema e as noticias dos xornais poden parecernos narrativa de costumbres. Así podemos culpar rotundamente o incorrexible carácter hispano. Sen embargo pode resultar temerario pasar tan rapidamente da hipótese á apoteose.

Os protagonistas dos relatos picarescos non son individuos con poder que abusan dos seus cárregos. Son personaxes marxinais que intentan sobrevivir  a base de astucias , trampas e enganos. El Lazarillo, el Buscón, Guzmán de Alfarache  ou Rinconete e Cortadillo, intentan saír adiante  nunha ardua pelexa pola vida. As visións dos pícaros, con frecuencia plagadas de ironía, non entran na xestión dos cargos públicos ou en apropiacións dos caudais de toda a sociedade. Hai unha grande disparidade entre a vida de Lázaro de Tormes e as traxectorias de Roldán, Bárcenas ou Urdangarín.

O primeiro é un orfo que trata de subsistir en situacións límite. Os outros parten de situacións acomodadas , pero buscan enriquecerse máis a toda costa e perxudican os intereses comúns. A diferencia entre a picaresca e a corrupción actual é moi sensible. A narrativa crítica cos vicios sociais non é exclusiva de España. Na mesma época escribíronse obras no mesmo sentido por Europa adiante. A proba é a propia Reforma protestante  quen se utilizou coma un dos cabalos de batalla para embestir contra as desvergüenzas.

A reforma das costumbres foi tema reiterado en todos os países europeos. Charles Dickens sinalaba os defectos da sociedade británica do seu tempo; mentres que Balzac facía o mesmo pero referido a sociedade francesa e Larra escribía en Madrid sobre as conductas mais reprobables. Con posterioridade, Pérez Galdós deu un paso máis e retratou nalgunhas das súas novelas determinadas actuacións pouco exemplares da Administración  pública ao longo do século siglo XIX.

A mediados deste século, as prácticas corruptas en España eran moi semellantes ás doutros países europeos. Será nese momento cando se comeza a establecer as bases institucionais que acabarán coa construcción do Estado contemporáneo e intentarán acabar con favoritismos, corruptelas e prácticas deshonestas.

As reformas estructurais noutros países de Europa permitíronlle chegar ao século XX con profundas transformacións sociais, administrativas e políticas. Dinamarca é actualmente un dos países con niveis máis baixos de corrupción do mundo, pero logo das guerras napoleónicas os sobornos, os fraudes e as malversacións aínda seguían estando presentes.

“En España comezamos a rezagarnos na loita contra a corrupción pola xestión clientelar das tensións internas”

As modificacións institucionais que se impulsaron nesa época nas sociedades escandinavas leváronas a reducilas prácticas corruptas de maneira efectiva. En cambio en España comezamos a rezagarnos na loita contra a corrupción pola xestión clientelar das tensións internas.

A degradación progresiva do sistema da Restauración e o colapso moral para as institucións  que supuxo a dictadura de Franco provocaron que as prácticas corruptas acadaran en España dimensións abrumadoras. A nosa democracia non foi quen ata agora de impulsar as reformas aconsellables para rematar con esta lacra.

Non existe unha predisposición xenética ou cultural que nos condene a perpetuidade. En lugar de conformarnos resulta bastante máis constructivo analizar con precisión o problema. Hai motivos de sobra para dedicar tempo, reflexións e recursos para mellorar a nosa calidade institucional. En todos os estudios sociolóxicos dos últimos tempos, a corrupción ten sido cualificada polos cidadáns como un dos principais problemas do noso país.

En próximas entregas seguiremos dándolles pistas de como se foi conformando este caldo de cultivo da corrupción en España. Daquela xa nos adentraremos en casos moi concretos e coñecidos, polo menos de oídas, de todos Vdes. Polo de agora estean atentos para que os corruptos non lle dean gato por lebre; non lles presenten como estupendas situacións económicas que non son máis que prácticas corruptas.

Páseno ben. Sexan felices.

Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»