A IXP Pan de Cea acadou no 2025 un valor estimado case 1,15 millóns de euros

Doce fornos certificaron máis de 411 mil pezas de pan o ano pasado

San Cristovo de Cea | Martín Alemparte, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, participou na reunión do pleno do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, que o pasado ano certificou 411.133 pezas de pan, cun valor estimado de case 1,15 millóns de euros, e elaboradas nos doce fornos que actualmente están operando.

A área de elaboración do pan amparado por esta IXP é o termo municipal de San Cristovo de Cea e a súa produción segue un modelo artesanal, vinculado á tradición.

Así, o de Cea defínese como o pan que se elabora con fariña de trigo, con adición de auga potable e sal comestible, ao que se lle engade, para a súa fermentación, masa nai procedente dunha elaboración anterior.

O amasado realízase en varias etapas, seguindo as técnicas ancestrais da zona. Por último, a masa cócese en fornos de pedra granítica de deseño característico do lugar que son previamente quentados con leña.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.