
Ponteareas | Cun colorido ambiente festivo, os nenos e nenas de Condado-Paradanta, A Louriña, Baixo Miño e Val Miñor desfrutaron da tradicional ruta dos Reis Magos horas antes de recibir os seus agasallos.

300 quilos de caramelos na Cañiza
As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitaron A Cañiza o 4 de xaneiro repartindo 300 kilos de caramelos entre o público asistente.

Festa Nocturna en Arbo
O Concello organizou por primeira vez a Gran Festa Nocturna de Reis coa actuación do trío 3.Com. A Gran Cabalgata partiu dende o Pavillón Municipal ata a Praza do Concello con entrega de agasallos á rapazada ata os once anos. O alumnado do CEIP Antonio Carpintero e do PAI recibiu previamente o ticket de agasallo.

Cabalgata Internacional da Eurocidade
Tui e Valença levaron a cabo conxuntamente a única Cabalgata de Reis que se celebra entres dous países en Europa, neste caso no territorio da Eurocidade, partindo das Cortinas de São Francisco na Fortaleza de Valença ata o Teatro Municipal de Tui.

O Porriño Peque Fest
O Pavillón Municipal de Deportes acolleu o Porriño Peque Fest como antesala ás Cabalgatas de Reis que, do 3 ao 5 de xaneiro, percorreron as parroquias de Chenlo, Mosende, Pontellas, A Forna, Atios, Casal, Mosteiro, Lagoa e a igrexa de San Rosendo ata a súa entrada no centro urbano repartindo dúas toneladas de caramelos.

En Mos, 11.000€ en premios
A Cabalgata máis participativa da historia do Concello repartiu 11.000€ en premios entre as carrozas participantes que partiron da Avenida de Sanguiñeda, desde a Ponte de Senlle ata o supermercado Eroski. As carrozas foron escoltadas polos nenos da Asociación de Veciños de San Rafael.

Kart Grand Tour en Baiona
Con percorridos dende Sabarís e o centro urbano ata a Praza do Concello, os Reis Magos chegaron a Baiona en medio dunha festa infantil que incluíu un Kart Grand Tour montado por unha parella de Grinch. Foto de Val Miñor Diario.

Música e animación en Gondomar
A comitiva real partiu do Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda para finalizar o seu percorrido na Praza da Paradela. Foto de Val Miñor Diario.

Pola paz e a tradición mariñeira en Nigrán
Organizado polo Concello, o Centro Cultural O Torreiro de Priegue acolleu o 4 de xaneiro a actuación do Paiaso Popín, interpretado polo actor hispano-arxentino Adolfo Maguna, como antesala á Festa dos Reis Magos que incluíu a participación de 40 animadores e 15.000 globos biodegradábeis coa paz e a tradición mariñeira como mensaxes. Foto de Val Miñor Diario.

Na Porta do Sol en Vigo
Atendendo á tradición, os Reis Magos foron recibidos polo Alcalde Abel Caballero na Porta do Sol tras realizar un percorrido con Cabalgata estátida dende a Avenida Castelao e dinámica ata o centro urbano.

Recepción real en Ponteareas

A Rondalla de Atios en Salceda

Ledicia infantil en Salvaterra




