A Guarda conta cunha nova aplicación informática para a xestión das avarías no alumeado público

A Guarda | O martes día 17 de setembro o Concello da Guarda, a través do departamento de Novas Tecnoloxías e Vías e Obras, puxo en funcionamento unha nova aplicación de carácter interno que permitirá unha mellor e eficiente xestión das avarías do alumeado público do municipio.

Grazas a esta nova ferramenta, que conta tamén cunha páxina web, no momento de producirse unha avaría no alumeado público, calquera usuario poderá dar conta da mesma, ben a través da APP municipal ou chamando ao 986 61 0000 nese momento o persoal municipal rexistrará esta incidencia na nova aplicación e, automáticamente coa axuda dunha tablet o electricista recibirá unha notificación da incidencia e terá xeolocalizado o punto de luz onde existe a avaría, facilitando unha solución máis eficiente das incidencias no alumeado público.
Dende o Departamento de Novas Tecnoloxías, Antonio Lomba manifestou que dende fai tempo se leva traballando na mellora das xestións e procesos informáticos para converter A Guarda nunha smartcity ou cidade intelixente, de cara a ofertar uns servizos máis optimizados a áxiles á cidadanía.