A Festa do Augardente de Portomarín acadou a 54ª edición

Nomearonse novas damas e cabaleiros da Orde da Alquitara

Portomarín | María José Gómez, conselleira do Medio Rural, valorpu a ampla tradición e arraigamento da Festa do Augardente de Portomarín, que este ano acadou xa a súa edición número 54. Gómez asistiu a esta celebración, na súa calidade de integrante da Orde Serenísima da Alquitara, e salientou que está consolidada como un evento de referencia á hora de enxalzar este produto tan enxebre e recoñecido do agro galego.

O programa desta festa iniciouse co prendido das alquitaras e a apertura de stands. A seguir, tivo lugar a solemne procesión do Santo Encontro, a actuación da asociación cultural Río Miño e a celebración do Cabido Xeral da devandita Orde da Alquitara, coa recepción dos novos cabaleiros e damas. O pregón correu a cargo de Esteban Pérez López, veciño de Portomarín, e os actos completáronse co xantar institucional e a actuación da charanga Evaristo.

Entregáronse as distincións de damas e cabaleiros da Orde da Alquitara. Entre os galardoados estaban Roberto López Rodríguez (hostaleiro), Soraya González Rodríguez (presidenta do ANPA Virxe da Luz), María Luisa Gayoso Pérez (hostaleira) e Luis Germán Avilés Cabrera (coronel da Garda Civil), Esteban Ramón Pérez López (pregoeiro), Isabel Carreira Vázquez (sanitaria), Luís Miguel Romera Pérez (comisario da Policía Nacional), Luis Gregorio Ramos Misioné (medallista olímpico), María Montes López (filóloga), David Rodríguez López (hostaleiro), Luis L. Paádín (catador), Javier Romay Robles (especialista en seguridade e hixiene no traballo). Na foto o sumiller Luís L. Paádin recibindo a distinción de cabaleiro da Orde da Alquitara.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.