A Festa da Lamprea de Arbo, recoñecida como de Interese Turístico Internacional

No marco do FITUR 2023 en Madrid

Arbo | Un ano máis, FITUR foi o escenario para presentar a Festa da Lamprea, onde como Prato forte do Acto tivo lugar a comunicación de que a Festa da Lamprea foi declarada de Interese Turístico Internacional.

Durante o acto de presentación a Subdirectora Xeral de Desenvolvemento e Sustentabilidade Turística, Dª. Ana Muñoz Llabrés entregou a D. Horacio Gil, Alcalde de Arbo, a distinción de Festa a Festa da Lamprea de Interese Turistico Internacional  Ao acto de presentación da Festa da Lamprea asistiron entre outros pregoeiros da Festa da Lamprea, como Martín Barreiro, Sergio Pazos, Josemi, personaxes de televisión Fernando Romay , Jota Abril, Manuel Baqueiro, a Fundación Segundo Gil Davila, Xerente GDR Condado Paradanta, entre outros.

Este ano celebramos os días 28, 29 e 30 de abril a sesenta e tres edición da que é a pioneira das festas culinarias en Galicia, que xa goza da distinción de internacional que supón o máximo recoñecemento que se pode alcanzar no ámbito turístico.

Horacio Gil, alcalde de Arbo, presentaba este xoves na caseta de Turgalicia os atractivos deste concello que ostenta o recoñecemento de ‘Villa da lamprea e corazón dos viños Condado e Albariño’ e a Festa da Lamprea, onde como prato forte do Acto tivo lugar a comunicación de que a Festa da Lamprea foi declarada de Intereres Turístico Internacional. Esta distinción supón o máximo recoñecemento que se pode alcanzar neste ámbito turístico.

Durante o acto de presentación na Caseta de Turgalicia en Fitur, a Subdirectora Xeral de Desenvolvemento e Sustentabilidade Turística, Dª. Ana Muñoz Llabrés cara a entrega a D. Horacio Gil, Alcalde de Arbo da distinción de Festa a Festa da Lamprea de  de Interese Turistico Internacional. Tras a presentación e para celebrar a gran noticia, os asistentes puideron degustar a lamprea de Arbo, acompañada dos viños das nosas adegas con DO Rias Baixas.

A Festa da Lamprea de Arbo tivo a súa orixe no ano 1961 cando un grupo de veciños e responsables de varios restaurantes e adegas organizaron a primeira edición co obxectivo de dar a coñecer este produto, así como os viños albariño do municipio, hoxe acollidos á Denominación de Orixe Rías Baixas. Desde entón, Arbo celebra ininterrompidamente a súa festa máis importante do ano na que miles de persoas acoden para degustar a lamprea nas súas diferentes preparacións, acompañada dos caldos da zona.

En 2005 logrou a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia, en 2016 o recoñecemento a nivel nacional e a súa 63 edición será Festa de Interese Turistico Internacional. Horacio Gil, comezaba o seu discurso dando as grazas a Turismo de Galicia e á súa directora, Nava Castro, pola oportunidade que nos brindan de dar a coñecer Arbo e a Festa da Lamprea, que tanto representa a nós e a Ana Jar Rodríguez-Medel Subdirectora Adxunta da Secretaria de Estado de Turismo que tamén participou no acto e proseguia “A Festa da Lamprea é o noso orgullo, nela envorcamos todo o noso traballo, esforzo e agarimo”.

“Esta festa serve para render homenaxe a todas as persoas que ao longo da historia deron a coñecer a nosa localidade: precursores da Festa, alcaldes, corporacións, pescadores, cociñeiros, asociacións e veciños. A Festa é unha gran cita, A nosa cita, a nosa festa”.

A exaltación da Lamprea foi unha oportuna e importante iniciativa cultural que alcanzou gran popularidade ao longo dos anos ata converterse en 2005 en “Festa de Interese Turístico de Galicia” e en 2016 en “Festa de Interese Turístico Nacional” que recoñece a antigüidade, continuidade no tempo, o arraigamento e a participación cidadá, así como a orixinalidade e diversidade dos actos e as accións de promoción realizadas para o efecto.

A Festa da Lamprea é a manifestación e o valor dun Pobo. Un pobo orgulloso das súas tradicións, da súa paisaxe, do seu patrimonio, da súa historia, da súa enogastronomía e da súa Festa Maior. Un pobo onde a súa xente hospitalaria e os seus visitantes apostan polo desenvolvemento e mellora da calidade de vida deste municipio.

A Festa da Lamprea é unha fórmula perfecta para impulsar o turismo e o interese por Arbo, o seu patrimonio, cultura e tradicións. Unha fórmula onde a poboación local ten moita presenza xa que é parte activa da celebración.

Unha forma de facer turismo que fará que quen veña a vernos sentan como na casa, porque Arbo é como unha gran familia, onde quen chega, xa sexa a unha mesa nun restaurante ou nun dos nosos aloxamentos, é tratado como uno máis, con proximidade, agarimo e hospitalidade-manifesta o rexedor Horacio Gil – e este recoñecemento de Interese Turístico Internacional, recoñece a importancia, a tradición, o arraigamento e o traballo desenvolvido a favor deste evento, o noso evento – a nosa festa da Lamprea.

A ‘Festa dá Lamprea’, que en 2023 cumpre 63 anos e celébrase os días 28, 29 e 30 de abril. Nela, os restaurantes da zona fan gala da súa boa man cociñándoa por exemplo ‘á arbense’, no seu propio sangue, que é unha das receitas máis soadas e consumidas.

Pero tamén se elabora frita e rebozada, asada á brasa, e xa fóra da tempada de pesca, tras secala, na súa tradicional empanada, rechea ou nun guiso de fideos e tirabequees- e este ano con orgullo e ilusión celebrámola como Festa de Interese Turístico Internacional.