É probable que en todo o Estado non existan dúas capitais de provincias limítrofes que non teñan unha conexión por autoestrada. Pois iso é o que acontece entre Lugo e Ourense, o que contribúe a empobrecer o interior de Galicia, cando todo o mundo fala de boquilla en mellorar a España valeirada.
E iso non é o máis grave, por riba a estrada N-540 que é a estrada directa de unión, está nun estado calamitoso dende fai bastantes anos. E certo que agora mesmo estana parcheando, aínda que o fan sen ningún orde, e por algún lugar onde escomenzaron xa necesita outro amaño. Porqué non se empeza por Lugo e se remata por Ourense, ou o reves, e faise un asfaltado compreto?, que é o que lle compre. Da gañas de chorar ir por un carril amañado 50 metros e de repente un km. mal ou ver o carril da dereita reparado e o de adiantamento moi mal.
“Esta estrada é estatal, e resulta inconcebible que non esté transpasada a Galicia, polo que son tan culpabeis o PP como o PSOE”
Esta estrada é estatal, e resulta inconcebible que non esté transpasada a Galicia, polo que son tan culpabeis o PP como o PSOE, por non tela en condicións, pois eses dous partidos teñen deputados de sobra en Madrid e Santiago para tomar as decisións oportunas.
E curioso tamén ver a falta de programación axeitada dos responsables de estradas a nivel nacional, pois a autoestrada que vai de Lugo a Santiago e é común coa que iria a Ourense non ten unha boa conexión coa N-540, e hai que andar varios Km para atrás para conectar con ela, polo que non merece a pena coller a autoestrada. E un pouco antes de chegar a Barrela pola N-540 tamén hai aprox. 8 Km. de autoestrada, pola que non vai ninguén, pois remata nun lugar que non é axeitado para ir a Ourense por ela.