Que leccións nos deixa o segundo aniversario do comezo da traxedia de Gaza iniciada o 7 de outubro (7-O) de 2023? Varias, a xulgar polo acontecido nestes dous anos. A maior parte delas, inquietantes. Asistimos a un xenocidio en vivo e directo ante as pantallas da televisión e as redes sociais contra unha poboación (Palestina) cometido por un Estado (Israel) cuxos ancestros precisamente sufriron o que se denomina como “holocausto”.
Esta traxedia de Gaza ocorre ante a indiferencia, a inoperancia e o cinismo dos gobernos, organismos e da opinión pública mundial. A diferenza dos xenocidios anteriores, ninguén pode dicir agora que “non o sabía”. É público e notorio. Pero mirar a outro lado, como ten feito moitos gobernos e persoas, demostra a complicidade cos verdugos.
A dous años do 7-O son xa 67.000 mortos en Gaza, deles máis de 20.000 nenos e nenas. A destrución do territorio en aras do proxecto supremacista do Gran Israel fai lembrar tempos que agardábamos superados. A retórica criminal por parte das máis altas autoridades israelíes xustificando o xenocidio contra os palestinos retrata a natureza dunha sociedade enferma, indolente e retaliativa que non parece querer aprender da historia.
Pero Gaza 2025 tamén demostra outra realidade que tardará en ser asumida: a destrución do mito de Israel como democracia, como sociedade moderna e civilizada, como potencia militar. Un mito que nos 77 anos desde a súa creación chegou a asentarse como irrefutable pero que hoxe demostra, cando menos, a súa inmoralidade. Hoxe observamos que Israel non é unha vítima senón un verdugo e un agresor. En 2025, Israel atacou a seis países de Oriente Medio (Palestina, Siria, Líbano, Irán, Qatar e Iemen) sen lograr ningunha vitoria significativa. Se ben é certo que os lobbies israelís exercen unha poderosa influencia nese Occidente que en Gaza ten igualmente demostrado a súa inmoralidade, Israel é máis dependente da axuda e complicidade occidental do que se pensaba.
En medio das ruinas e da destrución de Gaza, Israel non ten alcanzado ningún dos obxectivos que xustificaron esta criminal invasión. Non só Hamás segue en pe e con secuestrados israelís no seu poder; e que agora incluso un goberno tan inmoral e proisraelí como o de Donald Trump en EEUU vese incómodo ante a deriva xenocida de Netanyahu.
“En medio das ruinas e da destrución de Gaza, Israel non ten alcanzado ningún dos obxectivos que xustificaron esta criminal invasión”
Hamas non só non está derrotado militar e politicamente senón que Israel vese agora na obriga de negociar con eles en Exipto para tentar alcanzar un alto ao fogo que unha hipócrita comunidade internacional con Trump á cabeza agora clama aos catro ventos cando ata fai pouco seguía sostendo o “lexítimo dereito de Israel a súa defensa”, mirando para outro lado mentres miles de gazatíes pagaban coas súas vida este descaro. Ver nenos morrer de fame ou masacrados polos soldados israelís é un espectáculo dantesco que “hai que parar”, como dicía hoxe un comunicado da Unión Europea.
A isto hai que engadirlle outro factor que explica por qué Israel está moralmente derrotado: o desprezo e oprobio dos cidadáns de a pe a nivel mundial. Son cada vez menos os que cren na retórica de Netanyahu e dos seus cómplices criminais sobre o antisemitismo, o holocausto, a culpa de Hamás, os terroristas, Irán, etc, etc. En decenas de cidades e capitais a nivel mundial, centos de miles de persoas saen a manifestar por Palestina. Inesperadamente, Gaza resucitou aquela semente do “Non á Guerra” do 2003 en Iraq. Hoxe Palestina está en todos lados como un clamor de humanidade ante a barbarie.
“A isto hai que engadirlle outro factor que explica por qué Israel está moralmente derrotado: o desprezo e oprobio dos cidadáns de a pe a nivel mundial”
Esta renovada mobilización cidadá a nivel mundial clama por sanciones contra a sempre impune Israel. Incluso unha flotilla humanitaria e solidaria rumbo a Gaza foi reprimida por soldados israelís aplicando torturas e ameazas. E xa nin sequera os israelís poden ir tranquilamente de vacacións, de negocios a outros países. O lexítimo bullying está garantido. A Volta a España foi o primeiro gran evento de boicot a Israel. Como se fixo con Rusia en 2022 por mor da invasión a Ucraína, xa se fala de expulsar a Israel das competicións deportivas e artísticas (Eurovisión)
Lonxe de sepultar Palestina argumentando ante unha ONU baleira que “non haberá Estado palestino”, Netanyahu e os seus cómplices exerceron un efecto contraproducente: multiplicaron as simpatías por Palestina e as antipatías por Israel, así o goberno israelí teña que pagar US$ 42 millóns a Facebook para “mudar a narrativa ao seu favor”. O boicot a Israel comeza a ser unha realidade tanxible.
Aínda que timidamente, dentro de Israel volven as manifestacións contra esta masacre, responsabilizando aos seus líderes desta atrocidade que atenta contra a danada imaxe dun país cada vez máis illado. Queda por ver se haberá algún mea culpa que non só atañe aos seus dirixentes. Incluso se o plan de Trump supón reforzar os intereses israelís e tentar facer unha paz para Palestina sen palestinos, dous anos despois Israel atópase ante a súa peor crise existencial. Con todo, a maior parte da sociedade israelí non parece (ou non quere) decatarse da gravidade do momento.
“Dous anos despois Israel atópase ante a súa peor crise existencial (…) Queda por ver se haberá algún mea culpa que non só atañe aos seus dirixentes”
Pero Netanyahu e os seus cómplices deste xenocidio xa comezan a observar que non son tan invencibles. A súa megalómana e obsesiva visión supremacista do “Gran Israel” está dando paso a súa maior derrota ante o mundo. Alén dos intereses xeopolíticos, dos negocios, etc que seguirán existindo, Israel comeza a ser observado como un paria, con incomodidade, con oprobio. Xa non é un socio tan fiable e seguro. E quen sabe se estamos ante o prefacio dun inesperado “Estado fracasado” no corazón do inflamado e volátil Oriente Medio.