A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu o concerto “a herdanza contrapuntísticaca” da pianista lucense Susana Trigo

Madrid | “A música compón os ánimos descompostos e alivia os traballos que nacen do espírito”, dixo o delegado da Xunta e Director da Casa, José Ramón Ónega López, citando a Cervantes no Quixote para ilustrar a presentación da nova pianista lucense Susana Trigo. Así mesmo, Ónega enumerou algúns dos aspectos máis relevantes do CV da intérprete e o repertorio executado con pezas dos compositores G. Ligeti, J. S. Bach, D. Shostakovich e L. Van Beethoven.

Susana Trigo Táboas (Lugo, 1984) iniciouse no mundo da música a moi curta idade. Con 9 anos ingresou no Conservatorio Profesional de Música de Lugo, onde estudou o Grao Elemental e Grao Medio coa profesora Esperanza Moreno.

En 2003 realizou as probas de acceso ao Grao Superior no Conservatorio Superior de Música da Coruña, estudando cos profesores Natalia Lamas e Gabriel López, con quen finalizou os seus estudos. Realizou cursos de técnica e interpretación pianística e recibe clases de profesores como Natalia Lamas, Anna Pogoshyan, Almudena Cano, Eulalia Solé, Fernando Puchol, Domenico Codispoti, Luca Chiantore, Cecilio Tieles, Claudio Martínez Mehener, Mariana Gurkova, Nino Kereselidze entre outros, e de Composición co mestre Antón García Abril na Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago de Compostela.

A nivel docente, traballou durante 4 anos na Escola Municipal de Música de Guitiriz (Lugo) na especialidade de piano, piano complementario, coro e linguaxe musical e dende 2010 na escola EMAAG (Escola de Música e Artes Alfredo Graça) en Porto (Portugal), como profesora titular na especialidade de piano.
Na actualidade estuda o segundo ano de Máster en Interpretación Artística na especialidade de Piano en Porto, na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo (ESMAE) co profesor e pianista Miguel Borges Coelho e o 4º ano de Pedagoxía da Linguaxe e Educación Musical no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

O programa incluíu dúas partes. Na primeira con obras de J.S.Bach – Preludio e Fuga nº5 en Re M, BWV 874, do “Clave ben temperado” vol.2. D. Shostakovich- Preludio e Fuga nº5 op.87 en Re M e L. Van Beethoven – Sonata para piano nº31, op. 110, en LabM; Moderato cantabile molto espressivo; Allegro molto; Adagio ma non troppo (Arioso dolente)- Fuga (Allegro ma non troppo)- L’istesso tempo dei Arioso – Fuga (L’inversione della Fuga.

Tras un breve descanso interpretou na segunta parte,las obras de G. Ligeti – Música Ricercata; Sostenuto. Misurato. Prestissimo; Mesto, rixido e ceremoniale; Allegro con spirito; Tempo dei Valse (pouco vivace-…à ‘L’orgue de Barbarie’); Rubato. Lamentoso; Allegro molto capriccioso; Cantabile, molto legato; Vivace. Enerxico; (Bela Bartok in memoriam) Adaxio. Mesto; Vivace. Capriccioso; (Omaggio a Girolamo Frescobaldi) Andante misurato e tranquillo.